Parque Municipal Quiñones de León ou Parque de Castrelos
Parque Municipal Quiñones de León ou Parque de Castrelos
Parque de 22.000 m2 situado no concello de Vigo, en que se inclúen o pazo de Castrelos, rodeado de xardíns, o Museo Municipal Quiñones de León e un auditorio ao aire libre. O recinto está atravesado polo río Lagares e posúe árbores autóctonas como freixos, bidueiros e amieiros, e foráneas como araucarias e castiñeiros da India. Tamén hai piñeiros, salgueiros, magnolios e eucaliptos, entre outras moitas especies. Foi declarado BIC, xunto co pazo de Castrelos, en 1955.