"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Bartolomeu de Rebordáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Tui. Ten a súa orixe en 1272, cando se instalaron aquí os dominicanos, nun lugar chamado Oratorio, xunto ás portas da muralla. En 1328, por motivos de espazo, trasladouse xunto á igrexa de San Xoán de Porto, lugar coñecido como O Rastrillo. A construción iniciouse en 1330 e non se consagrou ata 1524. En 1482 anexionou a antiga igrexa de San Xoán de Porto, que foi derrubada pouco despois e en 1529 tivo que ser reparada pois un raio causou desperfectos na bóveda da ábsida. Nos ss XVII e XVIII tamén se produciron reformas. A igrexa é de estilo gótico e ten planta de cruz latina con tres ábsidas e nave central con tres tramos. A fachada principal é neoclásica (s XVIII) e posúe nun lado a torre campanario. A portada sur procede da igrexa de San Xoán de Porto e conserva no tímpano unha Adoración dos Reis. Foi declarado BIC en 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento franciscano situado en Tui. Atópase fóra do recinto amurallado e ten a súa orixe en 1642, cando se instalaron na vila tudense os franciscanos de Salvaterra de Miño. A igrexa non se construíu ata 1722 e consagrouse a santo Antonio. O edificio conventual converteuse en Seminario Menor en 1850. A igrexa está baixo a advocación do Sagrario e está formada por tres naves. A portada presenta características barrocas ao estar enmarcada entre pilastras e rematar cun frontón partido e curvo coa imaxe de santo Antonio nunha fornela con volutas. Nun lateral do corpo superior da fachada atópase a torre campanario de dobre corpo.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Tui. Comezou a súa construción en 1769 no lugar que ocupara o cuarto onde morreu san Telmo. Está realizada en estilo barroco portugués e ten planta circular cunha cúpula lobulada. Na fachada destaca unha gran ventá no centro sobre a que se sitúa unha fornela na que está a imaxe do patrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Marco Tulio Cicerón.
-
Un dos catro estilos retóricos máis importantes (romano, hilariano, tuliano e isidoriano) nas escolas medievais.
-
-
-
Planta herbácea bulbosa, que pertence ao xénero Tulipa, da familia das liliáceas, de 20 a 60 cm de altura, coas follas amplamente ovais. Ten unha única flor, grande, con seis pétalos e de cores variadas, sostida por un escapo, e froito capsular. É moi apreciada en xardinaría polas súas flores.
-
Flor desta planta.
-
-
-
Persoa que anda dun sitio para outro enganando aos demais para tirar proveito.
-
Persoa desvergonzada e astuta que fai pequenas falcatruadas.
-
Persoa a quen lle gusta ir de troula e pasalo ben.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións bélicas efectuadas en territorio tunisiano entre febreiro e maio de 1943 por parte das forzas angloestadounidenses, por unha banda, e as xermano-italianas, pola outra. Na Conferencia de Casablanca os aliados acordaron completar a reconquista total de Magreb antes de iniciar a ocupación de Italia. Mentres os estadounidenses trataban de separar as forzas alemás do xeneral Jürgen von Arnim (ao N) das do xeneral Erwin J. Rommel (no S), este contraatacou, ocupou a cidade de Gafsa e marchou sobre Tebesa, para onde se repregaran os estadounidenses. A falta de combustible e as ordes de Berlín frustraron a contraofensiva de Rommel. Os angloestadounidenses iniciaron a ofensiva final o 19 de abril e o 7 de maio ocuparon Tunes e Bizerte.
-
-
Relativo ou pertencente a Tunisia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tunisia.
-
-
PERSOEIRO
Historiador e avogado. Afiliado ás xuventudes comunistas (1932), despois da Guerra Civil Española foi ingresado nun campo de concentración. En 1946 exiliouse en París, onde coñeceu a P. Vilar, e dedicouse á docencia, tarefa que continuou en España durante a Transición. Dirixiu unha historia de España en 10 volumes e publicou La España del siglo XIX (1961), Introdución a la historia del movimiento obrero (1965), La España del siglo XX (1966), La Segunda República (1976), España bajo la ditadura franquista (1980) e Poder y sociedad en España: 1900-1931 (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia lingüística da rama ecuatorial do phylum amerindio que inclúe os diversos dialectos falados polos tupís e guaranís e que se estende, dunha maneira descontinua, do Amazonas ata Uruguay e do Atlántico aos Andes; unicamente en Paraguay constitúe unha unidade lingüística grazas á política evanxelizadora dos antigos xesuítas e ás súas reducións. O guaraní deu lugar ao guaraní moderno ou abañeeme, tal e como se fala en Paraguay, e o tupí deu lugar ao tupí moderno ou ñeêngatu. Debido á extensión do guaraní (é a lingua dominante en Paraguay e fálase tamén nas provincias arxentinas de Corrientes, Entre Ríos, Santa Fe e na gobernación de Misiones), é a lingua máis estudada e coñecida. Nos Andes bolivianos (Aguaragüe) fálase unha variante do guaraní chamada chiriguano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Purtomazovo, Tver 1888 - Moscova 1972) Enxeñeiro aeronáutico ruso. Distinguiuse como construtor de diversos modelos de avións, militares e comerciais (modelos TU-114 e TU-144) e en 1933 proxectou o Maxim Gor’kij. Recibiu o Premio Stalin e o Premio Lenin (1957).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extensa rexión chá, denominada tamén chaira turánica, de Asia central, que se estende en dirección SO-NL, desde as cordilleiras de Koppeh Dāgh, ao S do Turkmenistán, ata a depresión de Turgaj, en Kazakhstán, a través de Uzbekistán. Está composta principalmente por desertos areosos e arxilosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á antiga rexión de Turan.
-
-
Relativo ou pertencente á raza turánida ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza turánida.
-
Raza intermedia entre o grupo leucodermo e o xantodermo, moi braquicéfala, de talle mediano, cara alongada con pómulos saídos e ollos alongados, que ocupa Rusia meridional e Turkestán.
-
-
-
Toucado masculino, propio da zona musulmá de África, dalgúns países do Próximo Oriente e de India, que consiste nun casquete que leva enrolado todo ao redor, facendo unhas cantas voltas, unha longa faixa de tea ou seda.
-
Toucado feminino de tecido flexible -seda, veludo ou fibra-, cosido de maneira que se axuste á cabeza imitando o turbante oriental.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Turkmenistán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Turkmenistán.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos turcománs.
-
Individuo do pobo turcomán.
-
Pobo turco de Asia central. Documentados desde o s X, dedicábanse á gandaría nómada e formaban un conglomerado de tribos, das que destacan as hordas denominadas do carneiro negro (Kara Koyünlü) e do carneiro branco (Ak Koyünlü), que chegaron a ter un notable poder político nos ss XIV e XV respectivamente, e a tribo dos selxúcidas. A maioría habitan no Cáucaso, en Uzbekistán e, sobre todo, en Turkmenistán, Irán e Afganistán.
-
-
Lingua turca suroccidental do phylum altaico que se fala en Turkmenistán. Do turcomán primitivo derivou, a mediados do s XV, o chagatai. Actualmente escríbese en alfabeto cirílico e a súa literatura ten cada vez máis influencia da literatura rusa, en detrimento da turcoislámica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión da Península Ibérica habitada polos turdetanos, que corresponde á Andalucía Occidental e que se estendía polo O ata o Algarve.
-
-
Relativo ou pertencente aos turdetanos.
-
Individuo do pobo turdetano.
-
Pobo prerromano da Península Ibérica, descendente dos tartesos, que poboou Turdetania. Mariñeiros e comerciantes desenvolveron unha civilización urbana dun alto nivel cultural.
-
-
CIDADES
Cidade do zizhiqu de Xinjiang Uygur, situada na rexión do Noroeste, China. Trátase dun oasis e antigo centro caravaneiro na ruta da seda. Ao pé do Tian Shan, foi lugar de paso do budismo cara ao Oriente e foi capital dos uigures (ss VIII-IX).
VER O DETALLE DO TERMO