turcomán -má
(< turco türkmen)
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Turkmenistán ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Turkmenistán.
-
adx
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos turcománs.
-
s
Individuo do pobo turcomán.
-
s
m pl
Pobo turco de Asia central. Documentados desde o s X, dedicábanse á gandaría nómada e formaban un conglomerado de tribos, das que destacan as hordas denominadas do carneiro negro (Kara Koyünlü) e do carneiro branco (Ak Koyünlü), que chegaron a ter un notable poder político nos ss XIV e XV respectivamente, e a tribo dos selxúcidas. A maioría habitan no Cáucaso, en Uzbekistán e, sobre todo, en Turkmenistán, Irán e Afganistán.
-
adx
-
s
m
[LING]
Lingua turca suroccidental do phylum altaico que se fala en Turkmenistán. Do turcomán primitivo derivou, a mediados do s XV, o chagatai. Actualmente escríbese en alfabeto cirílico e a súa literatura ten cada vez máis influencia da literatura rusa, en detrimento da turcoislámica.