tupí-guaraní

tupí-guaraní
s m [LING]

Familia lingüística da rama ecuatorial do phylum amerindio que inclúe os diversos dialectos falados polos tupís e guaranís e que se estende, dunha maneira descontinua, do Amazonas ata Uruguay e do Atlántico aos Andes; unicamente en Paraguay constitúe unha unidade lingüística grazas á política evanxelizadora dos antigos xesuítas e ás súas reducións. O guaraní deu lugar ao guaraní moderno ou abañeeme, tal e como se fala en Paraguay, e o tupí deu lugar ao tupí moderno ou ñeêngatu. Debido á extensión do guaraní (é a lingua dominante en Paraguay e fálase tamén nas provincias arxentinas de Corrientes, Entre Ríos, Santa Fe e na gobernación de Misiones), é a lingua máis estudada e coñecida. Nos Andes bolivianos (Aguaragüe) fálase unha variante do guaraní chamada chiriguano.

Palabras veciñas

tupaido -da | tupamaro -ra | tupí | tupí-guaraní | tupinamba | Tupinambis | tupir