tupí
(< tupí tu-upi ‘pai supremo’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo tupí ou á súa língua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tupí.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo amerindio de América do Sur que comprende numerosas tribos ciscadas sobre todo por Brasil, ao longo da costa atlántica e as concas do Amazonas e os seus afluentes. Forman unha unidade lingüística e étnica cos guaranís de Paraguay, ben que as súas constantes migracións os teñen diversificado culturalmente. As primeiras grandes migracións iniciáronse no s XVI para escapar dos colonizadores e a derradeira tivo lugar no s XIX. Seguían as rutas marítimas e fluviais. Agricultores primitivos, cultivan terras ata esgotalas, e son excelentes cazadores e pescadores. A súa relixión é animista e nela teñen un papel preponderante os xamáns.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum amerindio da rama ecuatorial da familia tupí-guaraní que falan os tupís do L de Brasil. Dos seus trazos lingüísticos destacan a presenza de seis vogais das que tres son pechadas (i, u, y) e tres abertas (e, a, o) e unha orde da frase moi libre.