tupinamba
tupinamba
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo tupinamba.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo tupinamba.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo amerindio da familia lingüística tupí-guaraní, que vivía na costa atlántica, ao S do delta do Amazonas (s XVI). As súas prácticas rituais de antropofaxia provocaron a persecución por parte dos brancos e a súa extinción.
-
s
m
[LING]
Lingua tupí-guaraní do phylum amerindio que fala o pobo tupinamba.