"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Crítico e director teatral. A publicación dos seus escritos sobre teatro, He That Plays the King (1950), representou un impulso para o teatro convencional de despois da Segunda Guerra Mundial. Foi quen máis axudou á xeración dos angry young men a través das revistas onde publicaba as súas críticas. Foi contrario á censura, e autor de Oh Calcutta (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado metropolitano de Inglaterra, Reino Unido (540 km2; 1.075.938 h [2001]). A súa capital é Sunderland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da suborde dos terópodos, ao que pertencían os tiranosauros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Samy Rosenstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático bizantino. Autor de moitas obras de contido mitolóxico e erudito en versos políticos, sobresaíu como esexeta de obras e de autores clásicos (a Ilíada, Hesíodo, Aristófanes, Lícofron, etc) e, sobre todo, como coleccionista de noticias sobre a Antigüidade. A súa obra máis importante é o Libro das historias ou Khiliadai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Taiwán (176 km2; 725.985 h [2004]). Situada ao SO da illa, ten industrias alimentarias azucreiras e fariñeiras, e produción de cemento. Foi capital da illa ata 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hsien de Taiwán (2.016 km2; 1.120.394 h [2000]). A súa capital é Hsinying.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dao Yuanming.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do hsien homónimo, Taiwán, situada no extremo setentrional da illa, 30 km ao O de T’aipei (316.438 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hsien de Taiwán (1.221 km2; 1.660.709h [estim 1999]). A súa capital é T’aoyüan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar flamengo, conde de Tilly. Estivo ao servizo do imperio xermánico e durante a Guerra dos Trinta Anos mandou os exércitos da Liga Católica. Foi plenipotenciario na Paz de Lübeck (1629) e, desde 1630, foi xefe dos exércitos imperiais en substitución de Wallenstein. Despois da ocupación de Magdeburg, foi vencido polos suecos en Breitenfeld.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Gubbio (Umbria). Substituíu na súa diocese o uso das armas polas loitas cos puños. Represéntase vestido de pontifical e cunha bandeira cunha cruz. A súa festividade celébrase o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de África central, afluente principal do Congo pola dereita. Ten 2.040 km de lonxitude, dos que 900 son navegables. Nace da confluencia dos ríos Uele, M’Bomu e Monga. Con dirección L-O, separa a República Democrática do Congo da República Centroafricana, e despois, con dirección N-S, fai de fronteira entre a República Democrática do Congo e a República do Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de República Centroafricana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo, da familia dos elópidos, que habita en augas tropicais nas costas do Atlántico e do Pacífico. Pode medir ata 1 m de lonxitude e presenta o corpo fusiforme, as escamas finas, a cabeza pequena e bicuda e a aleta caudal moi bifurcada. Ten o dorso gris azulado, o ventre e os costados prateados, e as aletas inferiores de cor amarela. Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Minas Gerais, Brasil (570.042 h [estim 2004]). É un centro gandeiro e agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (15.745 km2; 1.686300 h [2000]). A súa capital é Ubon Ratchathani (106.552 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal. Coñecido tamén como Uc Faidit, cara a 1243 escribiu Donatz proensals, un tratado para uso dos trobadores italianos que consta dunha gramática e dun valioso dicionario das rimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (11.730 km2; 1.159.097 h [2000]). A súa capital é Udon Thani (220.493 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO