T’Serclaes de Tilly, Jan

T’Serclaes de Tilly, Jan

Militar flamengo, conde de Tilly. Estivo ao servizo do imperio xermánico e durante a Guerra dos Trinta Anos mandou os exércitos da Liga Católica. Foi plenipotenciario na Paz de Lübeck (1629) e, desde 1630, foi xefe dos exércitos imperiais en substitución de Wallenstein. Despois da ocupación de Magdeburg, foi vencido polos suecos en Breitenfeld.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Castelo de Tilly, Brabante

  • Deceso

    Lugar : Ingolstadt, Baviera