"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

      1. Acción e efecto de informar ou informarse.

      2. Noticia ou noticias que se queren coñecer.

      3. Contido dun ou máis datos, nos que se fai abstracción da representación concreta que adopta.

      4. información xenética

        Conxunto de caracteres hereditarios que se transmiten polos xenes.

      5. teoría da información

        Teoría matemática que trata a transmisión, o almacenamento e a transformación da información. Comprende todos os aspectos da comunicación humana e entre máquinas. Baseándose nos traballos de N. Nyquist e R. W. L. Hartley feitos entre 1924 e 1928, C. E. Shannon expuxo en 1948 unha teoría, chamada da comunicación, sobre a transmisión da información, que deu lugar a este apartado relacionado coa cibernética. Cómpre salientar igualmente as achegas de Gabor, Weaver, Wiener e Tuller.

    1. Oficina ou departamento destinados a informar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de economía editada polo Ministerio de Comercio desde 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal de carácter económico editada en Ourense a partir do 10 de xuño de 1922. Probablemente cesou a súa edición en agosto dese mesmo ano. Subtitulouse “Para el Fomento Industrial, Mercantil y Agrícola de la Provincia de Orense” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Otero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu en 1991 nunha terceira etapa como continuadora do Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega e do Boletín de Información Teatral. Conta con novos colaboradores, como Roberto Salgueiro, Mª Xosé Queizán, Maite Rodal ou Euloxio R. Ruibal. Nesta etapa introduciu un caderniño central de textos dramáticos tanto de autores estranxeiros coma galegos, ademais dunha nova sección “Opinión desde a butaca”. Os seus últimos números eran monográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de informatizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de infrinxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ingurxitar.

    2. Repleción dos tecidos ou condutos producida por unha estase sanguínea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de inhabilitar.

    2. Pena que consiste na incapacitación para exercer os cargos públicos e na restrición dos dereitos civís ou políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inhalar.

    2. Substancia ou vaporización que se emprega nas inhalacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inhibir ou inhibirse.

    2. Detención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.

      1. Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable (un órgano, un centro nervioso), debido a unha causa física ou mental.

      2. Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.

    3. Acción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un enzima, de maneira que non lle permite actuar. Na inhibición non competitiva a presenza do substrato non inflúe sobre a reacción do inhibidor coa molécula do enzima, e a acción inhíbese completamente; un exemplo é o bloqueo dos enzimas respiratorios polo ión cianuro. A inhibición competitiva preséntase cando unha molécula orgánica, estruturalmente semellante ao substrato, pode unirse reversiblemente ao centro activo dun enzima. Na inhibición alostérica o inhibidor únese reversiblemente ao enzima nalgún centro diferente do centro activo, pero deforma a estrutura da molécula do enzima e impide a unión do substrato. Este tipo de inhibición é moi importante na regulación de moitas vías metabólicas polo proceso de inhibición retroactiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de inhumar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de iniciar ou iniciarse.

    2. Conxunto de ritos e cerimonias polas que un membro xa formado dun clan ou dunha tribo é admitido na comunidade. Estas cerimonias comprenden unha simbolización das ideas de forza, de proba e de dor e a instrución nas leis do clan ou da tribo transmitidas oralmente. Normalmente, efectúase no paso á puberdade e pode implicar ablacións, incisións ou marcas corporais e a segregación de ambos os sexos.

    3. Conxunto de rituais polos que un candidato é admitido nunha sociedade relixiosa como membro efectivo, cunha instrución previa nos seus segredos e na súa teoloxía. As relixións mistéricas, como a do culto á Mitra, iniciaban os seus neófitos co Bautismo e, con frecuencia, cunha comida sacramental. Na relixión cristiá, os rituais de iniciación comprenden o Bautismo, a Confirmación e a Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comezo ou parte primeira de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festividade celebrada o 8 de decembro para conmemorar a crenza de que María, en virtude da graza preventiva de Xesús Cristo, fora preservada do pecado orixinal desde o instante en que foi concibida. Sen testemuño explícito na Biblia, esta doutrina foi aprobada por Sisto IV (1476) e definida como dogma de fe por Pío IX (8.12.1854) na bula Ineffabilis Deus, tras moitos séculos de discusións teolóxicas e despois dunha tradición piadosa popular ben asentada en España desde o s XVII. Non obstante , grandes teólogos, como san Bernaldo de Claraval, santo Alberte o Magno, san Boaventura, san Tomé de Aquino e, posteriormente, a escola dominicana, de acordo co principio da universalidade do pecado orixinal, opuxéronse a esta doutrina; os seus principais defensores foron os franciscanos. De raizame oriental, a celebración nace no s VIII en ambientes bizantinos e do Mediterráneo pasou a Irlanda; no arquivo da catedral compostelá xa se documenta en 1262. Daquela festexaba a concepción...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inmediato.

    2. Territorio próximo que rodea un lugar.

    3. Conxunto de dereitos atribuídos ao sucesor inmediato dunha vinculación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento migratorio obsevado dende a perspectiva do lugar de recepción dos inmigrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inmobilizar.

    2. Tratamento empregado para sandar certas enfermidades articulares, na redución de fracturas e en determinadas afeccións nerviosas e mentais.

    3. Conversión de recursos monetarios líquidos en bens de difícil realización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inmoderado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de inmolar ou inmolarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de inmunizar ou inmunizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO