Información Comercial, La

Información Comercial, La
[PUBLIC]

Revista quincenal de carácter económico editada en Ourense a partir do 10 de xuño de 1922. Probablemente cesou a súa edición en agosto dese mesmo ano. Subtitulouse “Para el Fomento Industrial, Mercantil y Agrícola de la Provincia de Orense” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Otero.