informador -ra

informador -ra

(< lat informātōre)

  1. adx e s

    Que ou quen informa.

    Ex: Exercía como membro informador da directiva. Un informador da policía avisounos do atraco.

    Sinónimos: informante.
  2. s

    Persoa que se dedica profesionalmente, a través dos medios de comunicación, á transmisión de informacións e noticias.

    Ex: Un informador gráfico enviou fotos da catástrofe aérea.

    Sinónimos: periodista, xornalista.