"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi educado polo seu avó materno, Enrique II de Castela. Enrique III fíxoo mestre da orde de Calatrava (1404) e intitulouse marqués de Villena, título do que foi desposuído (1414), polo que se retirou a Iniesta. Home de gran cultura, tivo fama de bruxo polos seus estudos de alquimia e astroloxía, e mesmo escribiu un Tractado de aojamiento o fascinología. Á súa morte, Xoán II de Castela mandou queimar a súa biblioteca. Escribiu Arte de trovar (1433), Arte cisoria (1423?) e diversas traducións que o converten nun precursor do humanismo en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa situada na ría de Arousa pertencente á parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago das Pequenas Antillas formado por un centenar de illas e illotes que se estenden en arco entre as Pequenas Antillas e as Grandes Antillas, nunha lonxitude duns 100 km, entre o L de Puerto Rico e o estreito de Anegada, que conecta o Oceáno Atlántico e o mar das Antillas (500 km2; 143.200 h [estim 2001]). De orixe volcánica e coralina, asentáronse enriba da plataforma submarina de Puerto Rico. As Illas Virxes Británicas (153 km2; 21.000 h [estim 2001]) están integradas por unhas 40 illas; as principais son Tórtola, Virgin Gorda, Anegada e Jost Van Dyke. A capital é Road Town, en Tórtola (6.330 h [1991]). As Illas Virxes Americanas (347 km2; 122.200 h [estim 2001]) están integradas por tres grandes illas: Saint Croix, Saint Thomas e Saint John, e preto de sesenta máis pequenas. A capital é Charlote Amalie, en Saint Thomas (12.331 h [1990]). A poboación é maioritariamente negra. A cana de zucre, o algodón, o tabaco, a froita tropical, a pesca e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas do arquipélago de Filipinas, situado entre Luzón (N) e Mindanao (S), integrado polas illas Masbate, Cebu, Negros, Bohol, Panay, Leyte e Samar e por numeroros illotes, ao redor do mar das Visayas (63.680 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar preto da cidade homónima, Italia, entre tropas italianas e austríacas, entre o 24 de outubro e o 3 de novembro de 1918, a finais da Primeira Guerra Mundial. A vitoria italiana contribuíu ao afundimento da monarquía austro­húngara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provisión de cousas necesarias, principalmente de alimentos, en especial dun exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marchante de arte. Abriu a súa galería parisiense en 1893. Organizou unha importante exposición de Cézanne (1895), comprou obras de Van Gogh (1900) e fixo un contrato con Gauguin (1900). Organizou a primeira exposición en París de Picasso (1901) e a primeira absoluta de Matisse (1904). Promoveu a Bonnard, Redon, Derain e Vlaminck. Orientou as carreiras de Roualt cara á cerámica, Renoir cara á escultura e moitos artistas cara ao gravado e á ilustración de libros de bibliófilo, que el mesmo editou. Editou tamén bronces de Rodin, Maillol, Renoir e Picasso. En 1937 publicou Souvenirs dun marchand de tableaux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dando tombos polo chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar en 507 preto de Poitiers, entre o rei franco Clodoveo I, católico, e o rei visigodo Alarico II, ariano. A vitoria franca provocou a desaparición do Reino de Tolosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Membro do grupo nabí, e moi influenciado pola estampa xaponesa, a súa pintura, intimista, é tecnicamente refinada. Combinou nunha mesma obra o óleo, a augada e o pastel, xeralmente sobre cartón. Das súas obras destacan Au lit (1891) e Sous la lampe (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar en Wad-Ras, Marrocos, o 23 de marzo de 1860, no curso da Guerra de África, entre o exército español dirixido por O’Donnell que avanzaba cara a Tánxer, e os insurrectos rifeños que tentaban bloquearlle o paso. A vitoria española provocou a sinatura do armisticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla producida o 5 e 6 de xullo de 1809 na chaira de Marchfeld, preto de Wagram (Baixa Austria), entre as tropas de Napoleón e o exército austríaco dirixido polo arquiduque Carlos. Napoleón derrotou os austríacos e o arquiduque Carlos solicitou o armisticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista inglés. Destacou sobre todo no xénero da novela policial e de terror. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Da súa produción sobresaen The Four Just Men (1905), The Ghost of Down Hill (1929) e The Terror (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Entre as súas novelas históricas destaca Ben Hur (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota escocés. Encabezou a resistencia escocesa contra a invasión de Eduardo I de Inglaterra e derrotou os ingleses en Stirling (1297), pero foi vencido en Falkirk (1298). Capturado, foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán.   Investigou os compostos aromáticos, os azo e diazo, os que conteñen carbono asimétrico e os terpenos e a súa importancia en vitaminas e hormonas. Recibiu o Premio Nobel de Química (1910) polas achegas á Química Orgánica no campo dos compostos alicíclicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bialystok 17.7.1876 - Moscova 31.10.1951) Político ruso. Coñecido como Maksim Maksimović Litvinov, foi membro do partido socialdemócrata (1898) e despois dos bolxeviques (1903). Foi comisario de Asuntos Estranxeiros (1930-1939) e conseguiu o recoñecemento da URSS na Sociedade de Nacións (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla producida o 18 de xuño de 1815, nunha chaira preto da cidade de Waterloo (Brabante), entre o exército de Napoleón I e as tropas angloprusianas baixo as ordes de Wellington. A derrota significou a caída definitiva de Napoleón I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal entre os lagos Erie e Ontario, en Canadá (44 km).

    VER O DETALLE DO TERMO