"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bula publicada en 1302 por Bonifacio VIII durante as disputas con Filipe IV de Francia, en que se proclamaba a primacía do poder espiritual do papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uña pequena que nace na parte de atrás do pezuño do gando vacún.
-
-
Aplícase ao grupo de persoas que comparte unha mesma opinión, idea ou sentimento e que actúa conforme a elas.
-
Que é plenamente compartido por todos os membros dun grupo.
-
Que se produce ou sucede ao mesmo tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de unánime.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario creado por Jules Romains cara a 1903, exposto en La vie unanime (1908), que se basea na idea do escritor como representante da alma colectiva.
-
-
Relativo ou pertencente ao unanimismo.
-
Seguidor do unanimismo.
-
-
PERSOEIRO
Científico e político peruano. Introdutor da vacina antivariólica no Perú (1802), fundou o anfiteatro anatómico de Lima e a escola de medicina de San Fernando. Partidario da independencia, foi deputado nas Cortes de Cádiz (1821) e presidente do Consello de Ministros de Perú (1826-1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo saturado que está presente no petróleo. É un líquido incoloro que ferve a 196° C e ten unha densidade de 0,74.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido monocarboxílico saturado que está presente no aceite de castor. OBS: Tamén se denomina ácido hendecanoico.
-
PERSOEIRO
Modisto francés. En 1955 foi a París e traballou para Balenciaga (1955-1961) e Courrèges (1962). Fundou a súa propia casa de modas en 1965. Cultivou a alta costura e o prêt-à-porter.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido que xurdiu en 1966 da escisión da Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA) como un organismo armado destinado á loita contra o colonialismo portugués en Angola. Despois da independencia do país, pasou a facer oposición armada ao Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA). Liderado por Jonas Malheiro Savimbi, á súa morte (2002) abandonou a loita armada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organizacion supranacional africana creada en Syrte (Libia) en 2002 co obxectivo de incrementar a integración económica e política e reforzar a cooperación nos seus estados membros. Substituíu á Organización da Unidade Africana (OUA). Inspirada na Unión Europea, está integrada por 53 países, coa excepción de Marrocos. En 2004 inaugurou a sede do Parlamento Panafricano en Johannesburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xurdida en 1912 da fusión do Bank in Winterthur (fundado en 1862) e o Toggenburger (fundado en 1863). A súa política de absorcións converteuna na primeira institución bancaria de Suíza. En 1997 fusionouse coa Société de Banque Suisse e creou o Banque Unie de Suisse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo establecido en 1964 e posto en práctica desde 1966 entre Gabón, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Camerún e Chad, que se separou en 1968. Aboliu as aduanas interiores e adoptou un arancel común. Houbo tamén unha coordinación da política industrial e o establecemento dun único banco central, a Banque Centrale de l’Afrique Central (1973), que emitiu o franco CFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo económico e aduaneiro establecido por Costa de Marfil, Dahomey (Benin), Alto Volta (Burkina Faso), Mali, Mauritania, Níxer e Senegal en 1964. Os seus obxectivos eran establecer o libre cambio entre eles e facer unha redistribución dos ingresos aduaneiros procedentes das vendas a outros países non membros; pero estes obxectivos non foron acadados e había tantos réximes aduaneiros e fiscais como estados. En 1970 foi substituída pola Comunidade Económica de África Occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición formada en 1608 polos príncipes protestantes que xurdiu baixo a dirección de Federico IV do Palatinado como un intento de defender a secularización e de poñer fin ao dominio católico dos Habsburgo. Tivo o apoio de Francia, Inglaterra e os Países Baixos. Disolveuse en 1621.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de países e territorios formada, de acordo coa Constitución de 1946, pola Francia metropolitana, as súas colonias (departamentos e territorios de ultramar) e os seus mandatos e protectorados (territorios e estados asociados). Foi un intento frustrado de transformar o imperio colonial francés e preservalo das correntes independentistas xurdidas despois da Segunda Guerra Mundial. En 1958 deu paso á Communauté Française.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Barcelona en 1963 para a promoción de sociedades industriais e agrícolas. Coñecida como BANKUNION, foi o banco promotor das autoestradas catalás -Autopistas Concesionaria Española SA-. Afectada pola crise financeira, en 1982 pasou ao control do Fondo de Garantía de Depósitos para Establecimientos Bancarios, que a vendeu ao Banco Hispano Americano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización clandestina de dereitas creada en 1934 por oficiais do exército español. A reacción provocada polos sucesos de outubro de 1934 atraeu cara ás súas filas a algúns xenerais antirrepublicanos -Goded, Fanjul-, e achegouna á Falange Española e aos grupos monárquicos. Tras as eleccións de febreiro de 1936 radicalizouse e o xeneral Mola converteuse no seu líder, ademais de director da conspiración militar dese ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización semisecreta de militares de esquerdas do exército español xurdida en 1934 ou 1936 por oposición á Unión Militar Española. Creada polo capitán Eleuterio Díaz Tendero, reuniu sobre todo a oficiais novos e tamén clase de tropa e proporcionou instrutores ás milicias socialistas.