Unión Militar Española

Unión Militar Española
Nome científico: [UME]

Organización clandestina de dereitas creada en 1934 por oficiais do exército español. A reacción provocada polos sucesos de outubro de 1934 atraeu cara ás súas filas a algúns xenerais antirrepublicanos -Goded, Fanjul-, e achegouna á Falange Española e aos grupos monárquicos. Tras as eleccións de febreiro de 1936 radicalizouse e o xeneral Mola converteuse no seu líder, ademais de director da conspiración militar dese ano.