Unión Monetaria Latina
Unión Monetaria Latina
Acordo firmado en 1865 por Francia, Bélxica, Suíza e Italia (e Grecia desde 1868) para uniformar a moeda europea. Estes estados adquiriron o compromiso de emitir moedas de dous francos de prata de 835 milésimas, que podían circular libremente polo seu territorio para facer pagos ao estado. Outros estados aliñaron os seus sistemas monetarios ao da Unión (Rusia, Romanía, Austria, Bulgaria, España e outros) aínda que mantiveron á vez a súa propia unidade monetaria. Na década de 1870 o descubrimento de novas minas de prata abaratou o prezo deste metal e provocou fortes presións sobre os países unidos ao bimetalismo. O acordo anulouse en 1926.