Unión Nacional
Unión Nacional
[PUBLIC]
Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1977. Subtitulada “Boletín informativo de U.N.E y J.U.N.E en La Coruña” e dirixida por A. Pedreira, funcionou como voceiro na Unión Nacional Española, de tendencia ultraconservadora. Incluíu informacións xerais, deportes, tauromaquia, música, touros e fragmentos de publicacións afíns como ABC, El Alcázar ou El Pensamiento de Navarra.