Unión Obrera
Unión Obrera
Sociedade de socorros mutuos integrada por obreiros e artesáns, constituída no seo da Asociación Tipográfica en Santiago de Compostela en 1892. Cofundada polo canteiro socialista Nicolás Pardo e polo tipógrafo republicano Santiago Fraga, entre os seus obxectivos figuraban proporcionar asistencia médica e pensións temporais aos seus socios, no caso de enfermidade ou accidente de traballo. As súas actividades perderon importancia coa xeneralización da Seguridade Social, e desapareceu oficialmente en 1973.