Unión Nacional

Unión Nacional

Organización política española de carácter rexeneracionista liderada por Joaquín Costa, Basilio Paraíso e Santiago Alba. O programa político, definido nunha reunión celebrada en Zaragoza en 1898, tiña por obxectivo a loita contra a burocracia estatal e en favor das clases mercantís produtivas. Malia un pequeno éxito inicial, o movemento fracasou e a organización disolveuse.