"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Pintor. Licenciado en Belas Artes nas especialidades de restauración e pintura (1981), ampliou os seus estudos no campo do deseño gráfico e do deseño de interiores e decoración. Realizou paisaxes, retratos e bodegóns, de carácter realista, e gravados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Articulista prolífico, destacou polo seu interese polo sistema métrico decimal que se observa en Cuadro de equivalencia de las antiguas medidas españolas con las del nuevo sistema métrico decimal (1852), ademais dun estudo sobre navegación aérea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xesús Manuel López Valcárcel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elevación ao NO da chaira rusa, nas oblasti de Leningrado, Novgorod, Tver, Pskov e Smolensk. Ten unha extensión de máis de 600 km. Nacen nela os ríos Volga, Dvina setentrional, Lovat’ e Msta Mologa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis García de Valdeavellano Arcimis.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado ao NL da capital provincial e regado polo Júcar (1.914 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Margrave de Brandeburgo (1308-1319). Ascanio da rama de Stendal-Tangermünde, en 1317 reuniu todo o territorio de Brandeburgo ao se extinguir a rama de Salzwedel-Stargard, e mesmo ampliou os seus dominios cara ao L e o N ao obter, en 1317, o condado palatino de Saxonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1157-1182), bisneto do Rei Sven II. Loitou contra os vendes, ocupou a illa de Rügen e cristianizounos pola forza. Vasalo do Emperador Federico I, liberouse da fidelidade e instituíu unha monarquía autocrática e hereditaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Juanito Valderrama, en 1934 cantou coa compañía de Dolores Jiménez Alcántara La Niña de la Puebla. Despois da Guerra Civil gravou os primeros discos e creou a súa propia compañía. Protagonizou numerosos filmes, en que popularizou cancións como “El emigrante”, “El rosario” ou “Madrecita”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado en Córdoba, as súas obras teñen un gran movemento compositivo. Caracterízao o horror vacui e o tratamento pitórico, e conceptualmente inscríbese na corrente contrarreformista (vanitas). Destacan In itu oculi e Finis gloriae mundi, do Hospital de la Caridad de Sevilla (1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Bispo de Elna (1529), de Ourense (1530-1532), de Oviedo (1532-1539), de León (1539), de Sigüenza (1539-1546) e de Sevilla (1546), foi visitador de Navarra (1523) para urxir á obediencia aos seguidores do príncipe de Viana. Inquisidor xeral desde 1547, publicou un exhaustivo Índice de libros prohibidos (1559).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e humanista, irmán de Alfonso de Valdés. Erasmista distinguido, foi sospeitoso de heterodoxia polo seu Diálogo de la doctrina cristiana (1529) e foi a Italia, onde foi axente do emperador e xentilhome do Papa Clemente VII. En Nápoles fíxose partidario dun cristianismo iluminista. En 1535 escribiu Diálogo de la lengua, en que defendía as linguas vulgares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Abandonou os estudos académicos e achegouse ao informalismo. Foi cofundador e membro do Equipo Crónica (València), caracterizado por un novo concepto do pop art. Desenvolveu unha iconografía relacionada coa pintura clásica española. Na escultura empregou a madeira, o ferro e a pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Val d’Aosta (Italia) ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Val d’Aosta (Italia).
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (5.878 h [2001]). É un punto aduaneiro próximo á fronteira con Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de León, Castela e León, á esquerda do río Esla (4.185 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma de España, constituída polas provincias de Alacant, Castelló de La Plana e València (22.826 km2; 4.152.776 h [2001]). Limita ao N con Catalunya e Aragón, ao O con Aragón e Castela-A Mancha, ao S con Murcia e ao L co Mar Mediterráneo. A súa capital é València.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo da Comunitat Valenciana divídese en dous sectores: as serras do interior e as chairas costeiras. O primeiro sector caracterízase polos accidentes montañosos, integrados no Sistema Ibérico e nas serras Subbéticas. Destacan as serras do Maestrat, Espadà, Martés e o macizo do Caroig. A maior altitude acádase en Penyagolosa (1.813 m). O segundo sector é unha chaira litoral composta por praias suaves, baixas, areosas e con lagoas litorais ou albufeiras, algunhas delas desecadas. Climaticamente, os invernos son relativamente suaves, con poucas chuvias, con máximos en outono e primavera e forte seca estival. No verán, a influencia do anticiclón dos... -
-
Relativo ou pertencente á cidade de València ou ao País Valenciano e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da provincia de Valencia ou do País Valenciano.
-
ariedade lingüística do catalán que se fala na Comunitat Valenciana.
-
Literatura escrita no País Valenciano en catalán literario ou dialectal. A literatura valenciana comezou, de feito, a partir da conquista do Reino de València en 1232-1245 por Xaime I de Aragón, que o repoboou, en boa parte, de cataláns. Desde entón o País Valenciano formou parte do ámbito catalán, malia que xa desde o s XV xa alguén falou de lingua valenciana contrapóndoa á catalá. Pero ata o s XVI, e mesmo o XVII, non resulta sempre fácil de distinguir, a partir da lingua, a orixe valenciana dun escritor ou dunha obra. A aparición dunha lingua rexional valenciana con pouca comunicación coa literatura rexional do Principado e das Illes Balears é cousa do s XVII e, sobre todo, do s XVIII. Durante este século a poesía culta aparece sobre todo en compilacións colectivas motivadas por efemérides políticas ou relixiosas. Moito máis abundante foi a poesía humorística e satírica, case sempre expresada en coloquios, razoamentos e outras pezas, normalmente anónimas.
-
-
GALICIA
Poeta. Profesor na Oxford University, posteriormente traballou na ONU e foi director do servizo español de tradución da UNESCO. Como poeta deuse a coñecer co libro A modo de esperanza (1955, Premio Adonais 1954), onde xa se vislumbran os alicerces da súa poesía, unha poética metafísica emparentada coas formas puras, cunha grande esixencia verbal. Tematicamente, Galicia, e sobre todo Ourense, sempre estiveron moi presentes. Da súa obra, en que se manifesta a vangarda e a conciencia crítica da sociedade contemporánea, destacan os poemarios Poemas a Lázaro (1960, Premio de la Crítica Española), Breve son (1968), Interior con figuras (1976), Material memoria (1978), Sete cántigas de alén (1981), Mandorla (1982), El fulgor (1984), Cántigas de alén (1989), Al Dios del lugar (1989), No amanece el cantor (1992, Premio Nacional de Poesía 1993) e Fragmentos de un libro futuro (2000). Gran parte...
VER O DETALLE DO TERMO