"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Sebastiano del Piombo, foi discípulo de Giorgione. Participou na decoración do Fondaco dei Tedeschi en Venecia. En 1511 trasladouse a Roma, onde traballou dentro da órbita de Raffaello como nos frescos mitolóxicos da Farnesina, e, a partir de 516, colaborou a miúdo con Michelangelo. As súas obras amosan o propósito de unificar a melancolía e a cor venecianas (Pietá) co dramatismo espiritual e a monumentalidade de Michelangelo. Destacan La Risurrezione di Lazzaro (1517-1519), Nativitá della Virgine e o retrato de Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sucesión ordenada.

    2. Sucesión de planos e escenas dunha película nos que se desenvolve unha acción concreta dentro dun mesmo marco espazo-temporal.

      1. Sucesión de feitos xeolóxicos, de procesos ou de rochas sedimentarias segundo unha orde cronolóxica, que ofrece a posición relativa e a idade dentro da historia xeolóxica.

      2. Sucesión de termos sedimentarios diferentes que se encadean e se superpoñen sen ningunha interrupción, de maneira que van asociados por unha característica determinada.

    3. Orde primaria de execución dun conxunto de instrucións ou sentenzas dun programa.

    4. Reprodución dun motivo melódico ou rítmico en distintos graos da escala.

    5. Texto litúrxico que se recita na misa despois do gradual.

    6. Orde sintáctica das palabras na frase. Denomínase secuencia progresiva a orde lóxica dos elementos da frase: suxeito + verbo + complementos (directo + indirecto + circunstancial); e secuencia regresiva, a orde alterada dos elementos da frase, relativamente á súa orde lóxica, por anticipación dalgúns deles respecto a outro.

    7. sucesión.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha secuencia.

    2. Sistema automático que funciona segundo unha secuencia determinada. O seu funcionamento implica unha serie de funcións lóxicas que se suceden nunha orde definida no tempo; ademais dos elementos propios dos circuítos combinatorios, hai algún tipo de memoria. Posúen unha serie de estados discretos, e cada un está determinado polos anteriores. Son un tipo de automatismos moi corrente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Último rei (597-586 a C) de Xudá. Entronizado por Nabucodonosor II, comprometeuse en diversas coalicións contra os babilonios. Nabucodonosor II, despois de apoderarse de Xerusalén e de destruíla (586 a C), deportouno a Babilonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e conferenciante. Foi columnista de El Correo Gallego e colaborou en El Progreso e en varias revistas. Publicou Viudas de vivos (1989), Buceando en el pasado (1990), Hijos del poder (1992), Ninguén suspira por ela (2000) e Escoitar o silencio (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos selacios.

    2. Peixe da orde dos selacios.

    3. Orde de peixes, da clase dos condritios, de lonxitude variable (ata máis de 15 m) e corpo de fusiforme a discoide, fociño aguzado, en serra ou en martelo, cuberto de dentículos dérmicos ou escamas cutáneas que na boca se diferencian en filas de dentes, e con endoesqueletos cartilaxinosos. As branquias son internas, manteñen os opérculos e teñen de 5 a 7 fosas branquiais externas en cada costado e un par de espiráculos de carácter respiratorio. Teñen a boca en posición ventral e o olfacto e a liña lateral sensitiva moi desenvolvidos. Case todos son depredadores e mariños, de costumes peláxicos ou abisais, segundo as especies, e habitan en profundidades non moi grandes, con poucas excepcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade e porto de Antioquía, na costa setentrional de Siria, fundada por Seleuco I (301 a C) preto das fontes de Orontes. Aberta ao helenismo e aos cultos orientais, pertenceu aos seléucidas ata a ocupación romana (64 a C). Foi destruída polas invasións persa e árabe (s VII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga capital dos seléucidas, situada na confluencia do Tigris e da canle do Éufrates, a 70 Km de Babilonia. Fundada por Seleuco I (312 a C), foi un dos centros comerciais máis importantes do Oriente antigo. Foi destruída na expedición de Lucio Vero contra os partos (164), quen se estableceran na outra ribeira, na primitiva fortaleza de Ctesifonte, chamada tamén Seleucia-Ctesifonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evento anual organizado pola Asociación Ferial Semana Verde de Galicia desde 1978, que ten lugar en Silleda, co obxectivo de dinamizar os recursos agroalimentarios galegos, sendo un escaparate para novos mercados. Desde 1998 realízase no Recinto Feira Internacional de Galicia onde hai foros de debate, concursos, poxas e presentación de novidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco da circunferencia que ten por corda o diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao sistema monetario promulgado en Roma pola lei Plautia-Papiria en 90 a C

    2. Aplícase ao tipo de escritura latina derivada da capital romana clásica, transformando o cambio de ángulo de escritura, que de pechado pasou a recto, o que provocou a alteración dos grosores e das finuras das letras, así como que algunhas pasasen a novas formas, converténdose en tipo minúsculo. Adoptada a finais do s II, o nome xurdiu no s XVIII cando se pensou que derivaba da uncial, como se fose a metade. Modernamente denomínase romana comuna nova. A semiuncial está na orixe da carolinxia que, imitada pola humanística, deu a letra de imprenta chamada de caixa baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1978. Subtitulada “Voceiro da Emigración Galega en Barcelona”, foi promovida por un grupo de nacionalistas galegos que residían nesa cidade. De natureza política, incluíu colaboracións literarias, tamén cun marcado compromiso político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de envellecemento que sofren os seres vivos.

    2. Diminución da actividade e dos rendementos da senectude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resolución dun órgano xudicial (xuíz ou tribunal) que pon fin a un proceso ou xuízo e que decide sobre el. Segundo a orde xurisdicional dos tribunais, pode ser, entre outras, civil, penal, do contencioso administrativo, de xurisdición eclesiástica ou militar. A sentenza da xurisdición ordinaria consta dunha cabeceira co lugar, a data, o xuíz ou tribunal que a dita, o nome e as circunstancias dos contendentes e os nomes dos avogados e dos procuradores, a parte dos resultantes coa relación das pretensións das partes e a práctica da proba, a parte das consideracións, onde a sentenza é estudada e onde se valoran as alegacións; e no xuízo fanse as consideracións legais. A continuación vai a vista, onde son citadas as disposicións legais, e remata co veredicto ou parte dispositiva. As sentenzas pódense clasificar en: definitivas, cando se dá por rematado un litixio ou proceso nunha instancia; firme, cando é imposible interpoñer calquera recurso; congruente, cando os...

      1. Opinión filosófica ou teolóxica sobre algún punto que se expresa dunha maneira dogmática.

      2. Dito breve que encerra un pensamento de carácter moral ou doutrinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ditar unha autoridade unha sentenza contra alguén.

    2. Emitir un xuízo ou opinión con respecto a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Foi inspector de ensino primario e traballou, sobre todo, en Ferrol e Santiago de Compostela. Escribiu sobre cuestións educativas e tratou temas como a escola rural e a organización e promoción das colonias escolares. Organizou e promoveu o Padroado de Colonias de Ferrol desde 1924. Foi destituído do cargo de inspector en 1936 e dedicouse ao ensino privado na cidade da Coruña a través da academia Galicia. Das súas obras destacan La escuela rural y la población agrícola (1904), Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1924) e Historia de las escuelas normales de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presta ou que está disposto a prestar servizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dureza e crueldade excesivas.

    2. Trato rigoroso e inhumano que recibe unha persoa sobre a que se ten potestade ou autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi subdirector de El Pueblo Gallego, onde en moitas ocasións asinaba os seus artigos como Vicus, director da revista Grial e do Anuario de Vigo, redactor xefe da Hoja del Lunes e colaborador de Vida Gallega. Escribiu os libros de poemas O muíño albeiro (1935), O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938), Terra liñar (1947) e As dornas da preguiza (1963). Como narrador publicou o libro de relatos Historias do canizo (1979) e a novela Doutor Famiano (1988). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Octubre (1943), o Gran Premio de Vigo de Cinematografía (1960) e o Premio Ciudad de Vigo (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO