"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Compañía teatral constituída en Ourense en 1967, a partir do Teatro Juvenil de Ourense (1962), baixo a dirección de Segundo Alvarado. Representaron Antígona (1967), Edipo abandonado (1969) e Don Hamlet (1970), entremeses cervantinos e pezas curtas. En 1970 unha parte dos actores constituíron Histrión-70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída en Santiago de Compostela en 1997. Ten como obxectivos principais a difusión e o estudo da vida e da obra de Ramón Mª del Valle-Inclán. Promovida (1989-1997) por Alexandre Allegue Otero, foi declarada de interese cultural (1997) e galego (1999). Organizan anualmente un congreso internacional, así como xornadas para dar a coñecer a figura do literato. Edita a revista Bradomín e convoca os Premios Literarios Xuvenís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra e escritor. Doutor en Medicina, especializouse en neuropsiquiatría. É autor de obras de divulgación como Psiquiatría clínica (1958), Introdución a la Psiquiatría (1960) e Ante la depresión (1987); e de creación literaria, como Concierto para instrumentos desafinados, Locos egregios (1981), Mishima o el placer de morir (1983), Yo, el rey (1985) e Yo, el intruso (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.866 h [2001]). A proximidade a Barcelona fixo que se convertese en lugar de veraneo. As actividades industriais son a súa base económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista italiano. Discípulo de M. Malpighi e continuador da obra de F. Redi, negou a xeración espontánea. En todas as súas investigacións utilizou sempre o método científico e evitou as interpretacións especulativas ou milagrosas. As súas investigacións recóllense na obra Observaciones y diserciones sobre la física, la medicina y la historia natural (1733).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vallombrosanos.

    2. Membro da congregación beneditina fundada por san Xoán Gualberto no mosteiro de Vallombrosa (Toscana). Baséase na interpretación ríxida e estrita da regra de San Bieito, coa particularidade de liberar os monxes do traballo manual. Foi aprobada en 1055 e en 1070 e protexida como un dos movementos da reforma romana ou gregoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya, ao L da capital provincial (1.545h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Establecido en Galicia, a súa escultura caracterízase pola preocupación pola materia e traballa principalmente o ferro. A súa pintura ten un compoñente abstracto pero relacionado coa neofiguración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa obra, dun espírito aínda gótico, foi influída por Siloé e Berruguete. Destacan o Relevo de la Santa Cena, do sepulcro dos Gumiel (1514) e o Retablo de San Ildefonso (1530), da catedral de Palencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía real francesa, da rama dos Capetos, que reinou desde 1515, con Francisco I, ata a morte de Enrique III en 1589. Tamén se lle chama dinastía de Angulema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía real francesa, da rama dos Capetos, que reinou en Francia de 1498 a 1515, con Luís XII, e constituíu a primeira dinastía dos Orléans. Denominouse tamén de Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista italiano. Foi discípulo de Malpighi, publicou importantes traballos sobre a anatomía do oído, coma De aure humana tractatus (1704), e sobre os vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Las Palmas, Canarias, na illa de Gran Canaria, no sector L da caldeira de Tirajana (7.964 h [2001]). A economía baséase na gandaría e na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico castelán. Estudou en Padua, onde foi discípulo de Colombo. Escribiu Historia de la composición del cuerpo humano (Salamanca 1556), obra que se converteu no tratado anatómico máis difundido en Europa durante os s XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (3.770 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construíuse no s XII en estilo románico, do que se conserva a nave e a portada norte. Pertencía a un mosteiro que foi doado en 1078 ao mosteiro de Samos. No seu interior destaca o retablo maior de estilo renacentista e no exterior a espadana de dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no concello de Monterroso. Datada en 1147 grazas a unha incrición, a fábrica románica esta case íntegra, agás a fachada principal. Consta dunha nave e unha ábsida rectangular, ambas as dúas con cuberta de madeira. O arco triunfal presenta unha multiplicación de arcos e nos capiteis das columnas que o sustentan represéntanse o bautismo de Cristo e a Epifanía, realizados por un discípulo do mestre Estevo das Praterías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, Turquía (226.965 h [1997]). Situada na ribeira dereita do lago homónimo, correspóndese coa antiga Tušpa, capital do Reino de Urartu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Oriental, Turquía (21.095 km2; 772.132 h [1997]). A súa capital é Van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona de partículas de alta enerxía que envolve a Terra a unha grande altitude e forma un gran cinto. Ten forma case toroidal e pódese considerar dividido en diferentes cintos parciais, os máis importantes son o cinto interior e o cinto exterior, que están separados por unha rexión cunha densidade de partículas de alta enerxía marcadamente baixa. Foi descuberto en 1958 por J. A. Van Allen e o seu equipo, a partir dos datos proporcionados polos satélites Explorer e Pioneer.

    VER O DETALLE DO TERMO