"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
ENTRADA LARGA
Estado soberano situado na cidade de Roma, no extremo occidental da área urbana, rodeado por unha muralla, onde se ergue a basílica de San Pedro do Vaticano e a residencia do papa e da curia romana (0,44 km2; 890 h [estim 2001]). Ademais do territorio da Cidade do Vaticano, comprende as basílicas de San Giovanni in Laterano, Santa Maria Maggiore e San Paolo Fuori le Mura, en Roma, e o palacio de Castel Gandolfo, no Castelli Romani (Lacio), ademais de palacios e vilas romanas sede dos dicasterios pontificios. O pequeno territorio, que ten unha forma aproximada de trapecio, é ondulado, e case un terzo da superficie está edificada, especialmente a parte oriental.
VER O DETALLE DO TERMO
Goberno e administración
A cidadanía é obtida en función da tarefa que nel se exerce e o estado réxese polos Pactos de Letrán (1929). Nesta data promulgouse a primeira Legge Fondamentale que rexeu o estado ata a promulgación polo Papa Xoán Paulo II da Nuova Legge Fondamentale o 26 de novembro de... -
VER O DETALLE DO TERMO
Basílica de Roma, a máis grande das catro basílicas maiores, construída en substitución da antiga basílica que Constantino erixiu no s IV sobre a tumba de san Pedro no Vaticano. Nicolao V (1447-1455) encargou un proxecto, con planta de cruz latina, a L. B. Alberti e B. Rossellino. Baixo Xulio II (1503-1513), Bramante iniciou as obras, cun proxecto de planta central. No pontificado de Sisto V (1585-1590), un novo cambio de proxecto deulle á planta forma basilical cruciforme por medio dunha nova nave que construíu C. Maderno, autor tamén da fachada. A obra foi continuada e retocada sucesivamente por Rafael, Peruzzi, Sangallo e, finalmente, por Miguel Anxo. Á morte deste (1564) faltaba unicamente a cúpula, que foi acabada en 1614 e consagrada por Urbano VIII (1626). G. L. Bernini, baixo Urbano VIII e Alexandre VII, construíu o baldaquino de bronce con columnas salomónicas (1633), a cátedra e a gran praza elíptica porticada (1657-1667). A última obra importante foi a sancristía, de C. Marchioni...
-
PERSOEIRO
Máxima autoridade india en materia de erotismo. A súa obra máis importante foi o Kama-Sutra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Estudou a crise da metafísica tradicional, á que opuxo unha ontoloxía da decadencia na que resultan secundarios os conceptos propios da metafísica. Destacan Poesia e ontologia (1967), Il soggeto e la maschera (1974), La fine della modernità (1985), La società trasparente (1989), Credere di credere (1996) e Dialogo con Nietzsche. Saggi 1961-2000 (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mecánico e inventor francés. Estudou anatomía, música e mecánica. En 1737 inventou un autómata que tocaba a frauta e despois construíu outros enxeños semellantes. Ideou unha bomba de auga, o primeiro torno automático, un tear tamén automático e diversas máquinas para a mecanización de pezas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos fenómenos xeolóxicos de Vaucluse.
-
Resurxencia de augas subterráneas na base dunha escarpa calcaria. Denominada tamén falsa fonte pola carencia de filtración de augas, pódese orixinar cando o relevo en cuestión descansa sobre un nivel de rochas impermeables. Recibe o nome da fonte que xorde en Vaucluse, a máis importante de Europa, cun caudal de 13 m 3 /s de media, e que dá lugar ao nacemento do río Sorga.
-
-
PERSOEIRO
Poeta galés. Pertencente ao grupo dos poetas metafísicos, cómpre mencionar os seus Poems (1646), Silex scintillans (1650), Olor iscanus (1651) e Thalia rediviva (1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico inglés. Bispo de Salford (1872), arcebispo de Westminster (1892) e cardeal (1893), permitiu a inscrición dos católicos nas universidades de Oxford e Cambridge, pero amosouse reticente ante o movemento de Oxford. Influíu na resolución negativa con relación á cuestión das ordenacións anglicanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. É autor de Foresteries (1555), cinco libros de Satires (1581-1585) e Art poétique français (1605).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e xenetista ruso. Estudou a variabilidade xenética, especialmente a das plantas cultivadas, e achegou argumentos para establecer a lei das series homólogas. Os seus traballos sobre a orixe xeográfica, a selección natural e a aclimatación das plantas cultivadas tiveron unha gran relevancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico ruso. Fixo investigacións importantes na óptica, especialmente sobre os fenómenos luminescentes, fisioloxía óptica e tamén en fontes de luz fría mediante radiacións ultravioletas. Recibiu dúas veces a orde de Lenin da Academia de Ciencias da URSS e o premio Stalin (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencais Económicas e catedrático de Desenvolvemento Rexional na Universidad Autónoma de Madrid, especializouse en desenvolvemento local e rexional dos ámbitos español e europeo. Asesor da UE, do Banco Mundial e doutros organismos, dirixiu o proxecto de planificación estratéxica de Vigo (2000-2001). Publicou Desarrollo local: una estrategia de creación de empleo (1987), Política económica local: la respuesta de las ciudades a los desafíos del ajuste produtivo (1993), Desarrollo, redes e innovación: lecciones sobre desarrollo endógeno (1999) e Las nuevas fuerzas del desarrollo (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz teatral. Coñecida como Maruxa Villanueva, emigrou a Arxentina en 1926, onde iniciou a súa carreira como cantante de alalás e composicións galegas. Contou cun programa propio na televisión arxentina, que compaxinou co teatro. Montou, co autor Daniel Varela Buxán e co actor Fernando Iglesias Tacholas, a Compañía de Arte Regional Gallego “Aires da Terra”, que co tempo se converteu na Compañía Galega Maruxa Villanueva. Puxo en escena obras como Os vellos non deben de namorarse (1941), de Castelao, e as súas representacións tiveron moito éxito en Arxentina e Uruguay. Ao seu regreso a Galicia (1971) encargouse da dirección da casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Director do departamento de Latín e Grego na Universidade de Santiago de Compostela, foi membro do Comité internacional para o estudo dos textos médicos latinos de la Antigüedad e da Alta Idade Media. Realizou estancias como doutor na Université Paris IV (Sorbonne), na École Normale Supérieure e na École Pratique des Hautes Études. Das súas obras destacan El “De mulierum affectibus” del Corpus Hippocraticum. Estudio y edición crítica de la antigua tradución latina (1986) e, en colaboración, Corpus Historiographicum Latinum Hispanum Saeculi VIII-XII: Concordantiae, I-II (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Manuel Barros, iniciouse como xornalista en Cuba nas publicacións La Voz de Cuba e Juan Palomo. Trasladouse a EE UU e logo a Bos Aires, onde traballou en El Correo Español e foi director de Revista Galaica e La Nación Española. Presidente do primeiro Centro Gallego de Bos Aires, escribiu prosa e poesía e publicou Ocios de un peregrino. Apuntes de viaje (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Comillas e titulado en xornalismo (1967), traballou en publicacións periódicas, como Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). Tradutor de textos clásicos e da obra de Escrivá de Balaguer Camino, publicou La España ausente (1971), Quién es quién en la Iglesia española (1978), A Comarca do Deza (1989) e Vila de Cruces: la tierra de Carbia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. En 1535 viaxou a Nueva España e tres anos despois foi nomeado gobernador de Nueva Galicia. Descubriu o Gran Canón do Colorado e a súa desembocadura, explorou o val do Río Grande, e as chairas do O do Mississippi ata as Montañas Rochosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Estudou en Santiago de Compostela, onde fundou os xornais El Pensamiento de Galicia e El Pensamiento Galaico (1887). Foi deputado (1893-1919) e fundou o Partido Tradicionalista e El Pensamiento Español (1919). Sostiña que os tres puntais do tradicionalismo eran a unidade católica, a monarquía cristiá e a liberdade municipal. Propugnaba unha representación corporativista e, en política internacional, era partidario da federación con Portugal e do achegamento a América Latina. En Galicia participou en diversos actos rexionalistas. Foi correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, III conde de Pallares. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897), deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872), vitalicio desde 1877. Fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El eco de Galicia (1872). Recibiu, entre outros galardóns, as cruces de Carlos III e Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Residiu en Madrid e en París, onde coñeceu os compoñentes da escola de París e colaborou con A. Bourdelle na decoración do Théatre des Champs Élysées (1912). En 1919 estableceuse en Madrid, onde pintou influído por P. Cézanne e o cubismo.
VER O DETALLE DO TERMO