vauclusiano -na

vauclusiano -na

(< topónimo Vaucluse)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos fenómenos xeolóxicos de Vaucluse.

  2. fonte vauclusiana [XEOG]

    Resurxencia de augas subterráneas na base dunha escarpa calcaria. Denominada tamén falsa fonte pola carencia de filtración de augas, pódese orixinar cando o relevo en cuestión descansa sobre un nivel de rochas impermeables. Recibe o nome da fonte que xorde en Vaucluse, a máis importante de Europa, cun caudal de 13 m 3 /s de media, e que dá lugar ao nacemento do río Sorga.