vaudeville*
vaudeville*
-
s
m
[ESPECT]
Peza teatral de carácter lixeiro, cuxo argumento se nutre de situacións equívocas que provocan a hilaridade do público. No s XV, en Francia, foi unha simple canción báquica, alegre e maliciosa. Desde o s XVIII foi introducida xa no teatro, e por causa do desenvolvemento da parte musical, deu orixe á ópera cómica.
Sinónimos: vodevil. -
s
m
[ESPECT]
Espectáculo de variedades orixinado en EE UU a finais do s XIX, en que se mesturan pezas curtas teatrais, humor, números de circo, música e danza.
Sinónimos: vodevil.