"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Inquietude producida pola incerteza.

    2. Desexo intenso de algunha cousa.

    3. Preocupación ou interese por realizar algo nas mellores condicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexar unha cousa con gran vehemencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentimento de desasosego ou tensión nerviosa, causada principalmente pola incerteza dun acontecemento futuro. Pode chegar a desencadear estados neuróticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Psicofármaco que actúa sobre o sistema nervioso central, suprimindo a intranquilidade e a excitación derivadas da ansiedade. Os ansiolíticos máis utilizados son o meprobamato e as benzodiacepinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou manifesta ansia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ansiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Foral de Navarra, situado na conca de Pamplona (5.396 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Documentalista e crítico cinematográfico británico. Traballou con Grierson e realizou Granton Trawler (1934), un dos traballos máis importantes do documentalismo británico dos anos de ouro (1929-1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego procedente do xermánico ans ‘deus’ e ulf ‘lobo’. O lobo é un animal totémico e entre os xermanos era o animal sagrado do deus Odín. Esta reminiscencia mitolóxica quizais se atope tamén na orixe do antropónimo Ansur. O elemento Ulf aparece en nomes como Adolfo ou Aiulfo, e no apelido Ulfe. Non hai santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego composto polos elementos xermánicos ans ‘Deus’ e uros ‘uro’ (especie de bóvido xa extinguida). Probablemente faga referencia a un animal sagrado, como no caso de Ansulfo. Algúns investigadores considérano, por outra banda, como un nome indíxena relacionado con Suario, de onde derivarían Sueiro e Suárez. Este antropónimo deu lugar á variante Ansurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Lara. Tras a morte de Reimundo de Borgoña apoiou a Raíña dona Urraca, a súa amante, na loita polo trono de Galicia contra o seu fillo Afonso Reimúndez (1109-1116), que era apoiado polo conde de Traba e polo arcebispo de Compostela Diego Xelmírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego derivado de Ansur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi un dos santos galegos da Rivoira Sacrata, no val do Sil. Bispo de Ourense, a tradición atribúelle milagres e o don da profecía. De familia nobre, doou a san Rosende, abade de Celanova, a igrexa de Santa María de Bonata. Nos últimos anos de vida, retirouse ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil. A súa festa celébrase o 26 xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘anterioridade no tempo ou no espacio’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga liñaxe natural de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de azul, unha anta. Relacionados con esta caste están os Ante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Laxe grande chantada no chan xunto a outras como valado dun terreo.

      1. Laxe dun monumento megalítico.

      2. Construción megalítica formada por varios ortostatos -verticais e horizontais- dispostos en posición central no interior dunha mámoa e destinada a recibir varias inhumacións. É un espacio estereoforme, con varias direccións principais simultáneas, aínda que xerarquicamente o máis importante é o rumbo definido polo eixe do corredor; así mesmo, o espazo interno amosa unha ordenación fundamentalmente radial. É unha estrutura arquitrabada que funciona como un pórtico, os linteis están apoiados sobre os ortostatos sen estruturas intermedias e a carga transmítese directamente por medio dos esteos. Como consecuencia da extensión do fenómeno megalítico polo litoral atlántico (Illas Británicas, Bretaña, Galicia, etc) as antas teñen unha tipoloxía moi variada que responde a diferencias xeográficas e arquitectónicas: a cámara ofrece varios tipos definidos segundo o número de lados, a presenza ou ausencia de corredor e a súa forma. As primeiras análises tipolóxicas para as antas galegas proceden de...

    2. Pilastra de forma cuadrangular empregada para reforzar ou simplemente decorar o final dunha parede, especialmente dos muros que enmarcan a cella do templo. Na fachada prolónganse ata a altura das columnas máis próximas á cella, delimitando o pórtico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor, musicógrafo, organista, investigador musical e director de corais. Dirixiu a coral Cantigas da Terra e a da Fábrica de Tabacos da Coruña. Como compositor foi sobre todo harmonizador de obras corais. Compuxo as escenas corais A romairía, Foliada, Brétemas e raiolas e unha canción no estilo da mélodie francesa titulada Soedade. Deixou un arquivo con abondosa información sobre a vida musical galega desde o s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Pedroso (concello de Rodeiro) no límite coa de Parada (concello de Lalín). Ten 593 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi director da Escola Normal de Ourense e logo da Normal de Pontevedra (1848?). O 29 de setembro de 1853, segundo a Revista de Escuelas Normales, foi nomeado director da Escola Normal de Huesca e o 3 de maio de 1855 foi trasladado á Escola Normal de Lugo. Foi un docente preocupado polos novos rumbos do ensino e así, designado pola Asociación Pedagóxica de Mestres de Pontevedra, participou, en calidade de director de Escolas Normais, no Congreso Rexional Pedagóxico celebrado en Pontevedra en 1887. Publicou: Reseña Geográfica de Galicia (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre pedreiro. Traballou nas fontes do Hospital Real de Santiago de Compostela ás ordes de Enrique Egas, mestre principal.

    VER O DETALLE DO TERMO