Anta, Manuel

Anta, Manuel

Profesor. Foi director da Escola Normal de Ourense e logo da Normal de Pontevedra (1848?). O 29 de setembro de 1853, segundo a Revista de Escuelas Normales, foi nomeado director da Escola Normal de Huesca e o 3 de maio de 1855 foi trasladado á Escola Normal de Lugo. Foi un docente preocupado polos novos rumbos do ensino e así, designado pola Asociación Pedagóxica de Mestres de Pontevedra, participou, en calidade de director de Escolas Normais, no Congreso Rexional Pedagóxico celebrado en Pontevedra en 1887. Publicou: Reseña Geográfica de Galicia (1858).