"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Ión derivado dun carbonilo.

    2. Ión derivado dun carbonilo metálico. Os anións carbonilato obtéñense cando se trata un carbonilo con hidróxidos alcalinos ou con bases de Lewis, ou ao romper con sodio o enlace metal-metal dun carbono binuclear. Tamén se obteñen catións carbonilato cando se tratan os haluros dos carbonilos metálicos con determinados ácidos de Lewis. Reaccionan cos haluros orgánicos e cos inorgánicos e engaden o radical unido ao halóxeno; esta reacción é importante en química preparativa, especialmente cando o radical é un ión metálico, xa que permite obter compostos con enlaces metal-metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anión derivado dun ácido carboxílico por disociación dun protón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao carcinoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Compaxinou a tarefa literaria, a misión pastoral e o compromiso político. Graduado como bacharel, trasladouse a México onde estudiou filosofía e letras, e despois a Nova York para ampliar estudios. En 1950 fundou en París a editorial El Hilo Azul. En 1956 ingresou no mosteiro trapense Our Lady of Gethsemany de Kentucky e en 1961 marchou a Colombia, onde estudiou teoloxía; catro anos despois ordenouse sacerdote en Managua. Foi dirixente da Frente Sandinista de Liberación Nacional e loitou contra a ditadura de A. Somoza. Trala vitoria sandinista en 1979, ocupou o ministerio de Cultura e en 1985 foi afastado polo Vaticano do sacerdocio. Pertenceu ao movemento Cristianos por el Socialismo, vinculado á teoría da liberación. En 1994 renunciou á súa militancia na Frente Sandinista de Liberación Nacional por discrepancias con parte da dirección do partido. Entre outras obras, publicou: Epigramas (1956), Salmos (1964), Homenaje a los indios americanos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Foi o fundador da Escuela Normal de Huesca e director da de Barcelona. En 1849 foi nomeado inspector xeral de instrución primaria e despois, ata 1868, xefe deste negociado no ministerio de Fomento. Desempeñou diversos cargos dende onde organizou, entre outros traballos, os servicios de estatística escolar, redactou os regulamentos (1850 e 1864) para o exame dos aspirantes ao maxisterio, aumentou o número de escolas públicas, creou as escolas normais de mestres, redactou un proxecto de Lei de Instrución Pública (practicamente reproducido en 1857), redactou o regulamento do colexio de xordomudos (1863) e un proxecto sobre escolas de adultos (1868). Foi un coñecedor directo da organización docente doutros países europeos e divulgador das correntes pedagóxicas do momento. Ademais foi redactor e director da Revista de Instrución Primaria (1849-1853) e dos Anales de Enseñanza (1858-1880) e, co seu colaborador Xoaquín Avendaño, publicou o periódico ilustrado La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descenso e mobilidade anormal do corazón a consecuencia do descenso do diafragma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á actividade cardíaca e respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monitorización do parto por medio dun aparello que rexistra simultaneamente os latexos do corazón do feto e a intensidade das contraccións uterinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica do corazón ou do cardia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reforza a actividade do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. As súas composicións son heteroxéneas, cheas de rostros humanos, elementos caligráficos e inscricións. Estivo relacionado co Grup Parpalló e formou parte dos grupos plásticos Crónica de la Realitat e Intrarealisme. Entre as súas obras salientan: Retaules de la gent (Retablos da xente, 1956), Massacres (Masacres, 1967) e Naufragis (Naufraxios, 1979). En 1971 obtivo o premio de debuxo Ynglada-Guillot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á vaca, ao boi ou ao cabalo que ten a cara branca e o resto da cabeza de cor escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mercadorías que transporta un vehículo, un barco ou calquera outro medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artista cómico que realiza imitacións.

    2. Cantante baixo que representa papeis de bufón na ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Doutor en Pedagoxía, é profesor de pedagoxía social na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1984 e 1986 foi vicedecano de Investigación da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. De 1980 a 1981 foi cofundador e primeiro presidente do Colectivo de Pedagogos de Galicia e cofundador da Sociedad Ibérica de Pedagogía Social, constituída o 22 de setembro de 2000 en Pontevedra. Realizou varios estudios sobre o sistema educativo galego e a súa influencia no medio rural, a Educación Ambiental e a Educación Social, entre outros. Director da revista Adaxe dende maio do 2000, forma parte dos consellos editoriais e científicos das revistas: Perspectiva Educacional, Innovación educativa e Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social. Colaborador, entre outras, nas revistas Cuadernos de Realidades Sociales e Temps d’Educació, TE, cómpre destacar as súas publicacións: A educación en Galicia. Informe cero (1988), A educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego, autor de As aventuras de Quereas e Calirroe, novela de aventuras con alusións históricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista irlandés. Da súa produción destaca a narración breve Traits and Stories of the Irish Peasantry (Características e historias dos labregos irlandeses, 1830) e a novela Fardorougha the Miser (Fardorougha o avaro, 1839).

    VER O DETALLE DO TERMO