carbonilato
carbonilato
(< carbonil(o)
-
s
m
[QUÍM]
Ión derivado dun carbonilo.
-
carbonilato metálico
[QUÍM]
Ión derivado dun carbonilo metálico. Os anións carbonilato obtéñense cando se trata un carbonilo con hidróxidos alcalinos ou con bases de Lewis, ou ao romper con sodio o enlace metal-metal dun carbono binuclear. Tamén se obteñen catións carbonilato cando se tratan os haluros dos carbonilos metálicos con determinados ácidos de Lewis. Reaccionan cos haluros orgánicos e cos inorgánicos e engaden o radical unido ao halóxeno; esta reacción é importante en química preparativa, especialmente cando o radical é un ión metálico, xa que permite obter compostos con enlaces metal-metal.