"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • palatoalveolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de marzo de 1811. Cesou en 1814. Apareceu baixo os lemas “Rex in sempiternum vivere” e “Vita tamen vinces aversque Troja resurges”. Editada polo frade Xoán Chacón, saíu tres veces á semana. Estaba relacionado co Exacto correo de España en La Coruña, tamén editado polo mesmo relixioso. Os dous xornais atacaban o liberalismo, aínda que o Postillón facíao dun xeito máis violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás potamoxetonáceas.

    2. Planta da familia das potamoxetonáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das naiádais, constituída por plantas herbáceas acuáticas, mergulladas ou flotantes, de follas simples, flores pequenas, verdosas, unisexuais ou hermafroditas, aclamídeas ou cun periantio de orixe estaminal, reunidas en espigas ou en espádices, e froitos normalmente en núcula ou en drupa. Comprende unhas 120 especies, de auga doce e salgada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Montemaior (A Laracha). O seu cumio acada os 535 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   ­ (Cumbraos, Sobrado? - Santiago de Compostela 27.8.1677) Escultor. Formouse con Gregorio Fernández e introduciu en Galicia o naturalismo escultórico deste. Abandonou o manierismo e evolucionou cara a un estilo máis naturalista onde destacan as figuras de vulto redondo, expresivas, e as pregaduras marcadas da vestimenta. Cara a 1632 traballou en Villagarcía de Campos e entre 1637 e 1638 na basílica da Encina en Ponferrada. Está documentado en Galicia desde 1639. Traballou en numerosos templos e da súa extensa produción destaca o cadeirado do coro de San Martiño Pinario (1639-1649?), que lle serviu de modelo para outras obras posteriores e que marcou a súa influencia nos escultores galegos do s XVII. Nel representou a vida da Virxe no cadeirado baixo e a Igrexa militante no alto, no que destacou os membros da orde beneditina. Encargouse da imaxinaría das obras de Bernaldo Cabrera (1641-1667), como a Inmaculada, San Miguel e Santa Catarina do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo Nacional del Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘verde’ ou ‘verde pálido’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trióxido de dipraseodimio de fórmula Pr2O3, que está presente na natureza como unha compoñente da monacita, da que constitúe un 10%. Emprégase para darlle cor verde ao vidro e ás esmeraldas sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento metálico, de número atómico 59, pertencente á familia dos lantánidos e de peso atómico 140,91. Foi descuberto en 1885 por C. Auer von Welsbach. Está presente na natureza en forma de praseodimia (Pr2O3), como constituínte da monacita, da que se separa por intercambio iónico e extracción con disolventes. Conséguese a preparación do metal por redución do tricloruro (PrCl3) con calcio a 1.000°C. Ten un carácter fortemente electropositivo (E0Pr/Pr3+=-2,47V), reacciona coa auga liberando hidróxeno e disólvese rapidamente nos ácidos diluídos. Prende con facilidade en atmosfera de osíxeno formando o óxido Pr2O3 e combínase en quente cos non-metais. Emprégase en forma metálica como núcleo na fabricación de arcos de carbono para a iluminación. Os seus compostos trivalentes teñen aplicación como colorantes para vidros e esmaltes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás prasinofíceas.

    2. Alga da clase das prasinofíceas.

    3. Clase de algas unicelulares que carecen de cuberta protectora ou presentan unhas pequenas escamas romboidais e viven en augas mariñas e doces. Algúns autores consideran que é un grupo ancestral das clorófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a actividade racional, ou humana, e que, a partir da observación dos condicionamentos da acción, establece as regras do comportamento. Adoptado polo sociólogo francés A. Espinas (1844-1922), o termo estivo filosoficamente desenvolvido sobre todo por T. M. Kotarbiński (1886), designando a ciencia da acción eficaz e das condicións desta eficacia. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao anterior á cultura indoeuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Foi membro do comité central do PCUS, do que foi separado en 1921, por defender as teses de Trostki. Teórico da Revolución Rusa, propuxo investigar que lei económica presidía o desenvolvemento da economía de transición na URSS, que o levou a elaborar o concepto de acumulación socialista primitiva. Morreu executado. Escribiu Novaja Ekonomija (1926) e, con N. I. Bukharin, Bukvar’ Kommunizma (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de preocuparse.

    2. Cousa que preocupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de preocupar ou preocuparse.

    2. Aplícase á persoa que está desacougada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • . Que constitúe motivo de preocupación

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer a alguén nun estado de desacougo.

    2. Ocupar o pensamento en algo polo que se sente temor.

    3. Estar intranquilo por algo ou por alguén.

    4. Interesarse por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á proba clasificatoria para os xogos olímpicos.

    2. Que ou quen participa nunha proba preolímpica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipotética partícula, máis elemental ca os leptóns e os quarks, proposta por J. C. Pati e A. Salam en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao estado anterior a unha operación cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO