"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor holandés. Coñecido como Jan Vermeer, foi discípulo de C. Fabritius. Formou parte do gremio de pintores de Delft e dedicouse ao comercio de obras de arte. Inicialmente (1635-1660) inclinouse pola temática relixiosa (Cristo en casa de Marta e María, 1954-1655) e mitolóxica (A alcaiota, 1956; Diana e as ninfas, 1655-1656), que amosan unha certa influencia do Barroco italiano. Realizou escenas da vida cotiá de interiores serenos, cun aire de intemporalidade como A leiteira (1658-1660), Rapaza de azul lendo unha carta (1662-1664), A moza da perla (1665) ou Moza facendo encaixe (1669-1670), e tamén escenas da súa cidade como A rúa de Delft (1657-1658) ou Vista de Delft (1660-1661).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e ensaísta. Coñecido como Barbadinho, estudou filosofía na Universidade de Évora e teoloxía en Roma, onde se estableceu. Iniciou a reforma da pedagoxía portuguesa e froito dela publicou o Verdadeiro Método de Estudar (1746). Nel propoñía a democratización do ensino e a instrución da muller, como tamén o ensino baseado na lingua materna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que enxugou a cara de Xesús Cristo cando ía camiño do Calvario, quedando a súa cara milagrosamente impresa no pano. Iconograficamente representouse vestida de moitas maneiras, como matrona romana ou ao estilo de cada época, cun lenzo estendido coa face de Xesús Cristo como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 29 de agosto.
-
PERSOEIRO
Navegante italiano. Ao servizo da coroa francesa, despois do regreso de S. Caboto de América setentrional, comandou unha expedición na busca dun paso ao NO cara ás Indias. Zarpou en 1523, e arribou á costa setentrional americana (1524), que explorou desde o cabo Fear a Nova Escocia. Dirixiu outra expedición en 1528 cara a América Central, de onde non regresou.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eminencia da cavidade da uretra, na súa porción prostática, en que se abren os condutos exaculadores e o utrículo prostático. OBS: Tamén se denomina colículo seminal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro escrito por F. Kafka en 1912 -publicado en 1915-, que trata a historia dun viaxante de comercio, Gregorio Samsa, quen esperta un día convertido en insecto. A través dun percorrido polo seu cuarto repasa o seu pasado, observa a súa familia e concibe plans de futuro. Trátase dun dos textos precursores do expresionismo e do surrealismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andries van Wesel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enfermidade mental.
-
-
Relativo ou pertencente á vesania.
-
Que ou quen padece vesania.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que produce vexigas ou ampolas na pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento popular siciliano que tivo lugar en 1282 contra Carlos I de Nápoles, debido aos seus abusos e opresións sobre os súbditos. Os sicilianos ofrecéronlle a coroa a Pedro III de Aragón, que despois de intervir militarmente na illa, pasou a reinar como Pedro I de Sicilia (1282-1285). O conflito, porén, non rematou ata 1302, coa sinatura da Paz de Caltabellota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca (2.984 km2; 296.875 h [estim 2001]). A capital é Sorå (14.877 h [estim 2001]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
idocrasa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de veterano.
-
-
Que ou quen ten unha experiencia de anos nunha profesión ou en calquera actividade.
-
Militar que serviu moito tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema ou réxime de alimentación que exclúe, máis ou menos radicalmente, o uso de alimentos de orixe animal. Algunhas doutrinas vexetarianas prohiben a carne e o peixe, pero toleran outros produtos animais como o leite ou os ovos. Outras, como o veganismo, prescinden totalmente dos produtos animais, agás, ás veces, do mel. Como terapia recoméndase en certas doenzas (renais, nerviosas, dixestivas ou artríticas) e en certos tratamentos.
-
-
Relativo ou pertencente ao vexetarianismo.
-
Que ou quen practica o vexetarianismo.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Relacionado co surrealismo e o existencialismo, na súa obra ofrece unha visión corrosiva da realidade. Destacan a novela J’irai cracher sur vos tombes (1946) e a obra teatral Le goûter des généraux (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (3.425 h [2001]). Forma parte de La Rioja navarra. Produce viños acollidos á Denominación de Origen de La Rioja. En 1423 Carlos III de Navarra proclamou o principado de Viana. Do seu patrimonio cultural, moi vinculado á peregrinación xacobea, destacan as ruínas da igrexas góticas de San Pedro (s XIII) e de Santa María (s XIV) e o hospital de Nuestra Señora de Gracia (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO