Vermeer, Johannes
Vermeer, Johannes
Pintor holandés. Coñecido como Jan Vermeer, foi discípulo de C. Fabritius. Formou parte do gremio de pintores de Delft e dedicouse ao comercio de obras de arte. Inicialmente (1635-1660) inclinouse pola temática relixiosa (Cristo en casa de Marta e María, 1954-1655) e mitolóxica (A alcaiota, 1956; Diana e as ninfas, 1655-1656), que amosan unha certa influencia do Barroco italiano. Realizou escenas da vida cotiá de interiores serenos, cun aire de intemporalidade como A leiteira (1658-1660), Rapaza de azul lendo unha carta (1662-1664), A moza da perla (1665) ou Moza facendo encaixe (1669-1670), e tamén escenas da súa cidade como A rúa de Delft (1657-1658) ou Vista de Delft (1660-1661).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Delft -
Deceso