Viana
Viana
Municipio de Nafarroa, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (3.425 h [2001]). Forma parte de La Rioja navarra. Produce viños acollidos á Denominación de Origen de La Rioja. En 1423 Carlos III de Navarra proclamou o principado de Viana. Do seu patrimonio cultural, moi vinculado á peregrinación xacobea, destacan as ruínas da igrexas góticas de San Pedro (s XIII) e de Santa María (s XIV) e o hospital de Nuestra Señora de Gracia (s XV).