"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi escravo de santo Agrícola, que o converteu ao cristianismo. Ambos os dous foron apresados en Boloña, torturados e executados. A súa festividade celébrase o 4 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi membro do padroado do Museo Municipal Quiñones de León e realizou carteis e portadas para libros. De estilo realista e romántico, pintou Francisquiño o santeiro, Eduardo Iglesias (1916) e Luis Taboada (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación do Divino Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi un dos promotores da lingua galega na liturxia católica. Foi director xeral de Cultura, membro da Comisión de Lingüística e Toponimia da Xunta de Galicia, e colaborador en diversos medios de comunicación, como a revista Ínsula, ou os xornais La Noche e La Voz de Galicia. Traduciu O Cantar dos Cantares (1964), O Mito da Espenuca (1965), de Platón, A apocalipse (1966) e Misal galego (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Residiu desde pequeno en Brasil, onde entrou na Compañía de Xesús (1623) e foi ordenado sacerdote (1635). De postura proindiana, foi condenado a arresto domiciliario (1667-1668). Considerado un dos máis destacados prosistas e oradores portugueses, a súa obra está recollida en 15 volumes de sermóns (1679-1699) e 3 de cartas (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Vieira Mateus da Graça.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (2005). Impulsor do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión e da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra, participou na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, para os que dirixiu diversos espectáculos entre 1988 e 1992, e Teatro de Ningures, para o que dirixiu dúas obras en 1985 e 1986. Teatrólogo e profesor de pedagoxía teatral, expresión dramática e expresión teatral, colaborou en diversas publicacións periódicas con artigos de crítica teatral. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal e do Anuario Galego de Estudios Teatrais. Membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico de son e iluminación. Coñecido como Paco de Pink, con Teatro Antroido participou no espectáculo Romance dos figos de ouro (1983). Foi xefe do equipo técnico do Centro Dramático Galego e director técnico da peza teatral O incerto señor don Hamlet. Ademais colaborou nalgún dos espectáculos de Teatro Artello e do ballet Rey de Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xan Vieito, emprega unhas tonalidades cromáticas cálidas en ocasións e frías e mornas noutras, nunhas obras que se sitúan entre a figuración e a abstracción. Destacan Foliada (2005) e Ocaso (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador de nome artístico Xan Vieito, realizou a súa primeira exposición individual no mosteiro de Poio (1998). Dende entón ten participado en numerosas exposicións individuales e colectivas galegas e portuguesas, destacando a súa participación como artista estranxeiro invitado en Goisarte, Gois, Portugal (2001 e 2005). As súas viaxes fora da península ibérica o levan a expoñer en Québec, Canadá (2001) e Bolsano, Italia (2007). Socio fundador de GALUART (Asociación Galaico Lusa de Artistas Plásticos e Visuais), tamén é membro da Asociación española de médicos escritores e artistas. Entre os seus premios destaca a medalla do 5ème Salon International de Nantes, Francia (2005). Na súa obra explora o mundo onírico e da infancia, utilizando gradacións de cores cálidas e figuras humanas entre a figuración e a abstracción. Da súa obra destacan Almas sin rumbo (2009) e Universo 1 (2009).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan M. Vieito Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé María Alonso-Trelles y Jarén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Lleida, Catalunya (4.029 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Laos (531.800 h [1995]), situada na beira esquerda do Mekong. A zona máis poboada é a que está preto da fronteira con Tailandia, onde se atopan vastos arrozais. O comercio baséase nos produtos forestais e ten serradoiros, telleiras e industrias téxtiles. O Rei Setthathirat fundouna en 1560 e converteuna nunha praza forte, nun centro comercial e na capital do reino. En 1827 os siameses destruírona e anexionárona ao Reino de Vientiane. Os franceses ocupárona en 1893 e convertérona na capital administrativa de Laos en 1899. Despois da independencia (1954), converteuse en reduto das forzas conservadoras e proestadounidenses contra o Pathet Lao. En 1975 foi ocupada polas forzas nacionalistas do príncipe de Suranuvong e conservou a capital da nova república.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (15.927 km2; 286.8000 h [1995]). A súa capital é Muang Houn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Daniel Urrabieta Ortiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Suíza (114 km2) situado a 434 m de altitude, na zona de contacto da Suíza alpina e a Suíza media. Atravésao o Reuss, afluente do Aare. A cidade máis importante da súa ribeira é Lucerna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi un dos fundadores da álxebra moderna. Empregou novos símbolos e calculou o número de π de forma moi exacta. Entre as súas obras destacan Canon mathematicien (1579) e Supplementun geometriae (1593).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, urbanista e teórico. Realizou o plano do desenvolvemento da paisaxe de Lombardia, coñecido co nome de Studio Verde (1963-1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vic ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vic.

    VER O DETALLE DO TERMO