Vientiane
Capital de Laos (531.800 h [1995]), situada na beira esquerda do Mekong. A zona máis poboada é a que está preto da fronteira con Tailandia, onde se atopan vastos arrozais. O comercio baséase nos produtos forestais e ten serradoiros, telleiras e industrias téxtiles. O Rei Setthathirat fundouna en 1560 e converteuna nunha praza forte, nun centro comercial e na capital do reino. En 1827 os siameses destruírona e anexionárona ao Reino de Vientiane. Os franceses ocupárona en 1893 e convertérona na capital administrativa de Laos en 1899. Despois da independencia (1954), converteuse en reduto das forzas conservadoras e proestadounidenses contra o Pathet Lao. En 1975 foi ocupada polas forzas nacionalistas do príncipe de Suranuvong e conservou a capital da nova república.