"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Porto pesqueiro situado na ría de Arousa no concello de Vilanova de Arousa. Ten un calado de 2 m e conta con pequenas instalacións náutico-deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Miño. Construída no s XI en estilo románico, ten unha soa nave   e unha ábsida semicircular que, ao exterior, aparece dividida en tres panos separados por unha pilastra plana e decorada toda ela con arquiños cegos sobre os que se atopa unha cornixa voada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vilanova de Arousa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vilanova de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Pertenceu a un priorado fundado por Arias Pérez de Monterroso e á súa dona e foi fundado a mediados do s XII. En 1184 foi doado á orde de Santiago. A tradición relata que foi fundado por un grupo de donas que se representan nas capelas da nave maior. Ten planta de cruz latina, con nave principal e cruceiro rectangulares, ábsida central semicircular e dúas absidiolas que dan á nave transversal. A portada principal está enmarcada entre dous contrafortes e está acubillada por un tornachuvias de pequenos arcos sobre os que se sitúa un friso no que se apoia a imaxe da Virxe co Neno flanqueada por san Miguel e san Bartolomeu. A porta é de arco de medio punto abu­cinado, con catro arquivoltas, decoradas con motivos en zigzag, rosetas e dados, apoiadas en columnas con capiteis moi de­corados. Pegado a esta fachada consérvase unha serie de arcos que pertencían ao claustro do mosteiro. Foi declarada BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Artes (Carballo). A súa planta aproxímase ao formato rectangular. Xurdiu ao redor dunha torre ameada de catro plantas. Conserva diversas construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Vilar de Santos, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Limia situado ao S da Comunidade Autónoma de Galicia e ao SO da provincia de Ourense (42° 04’ N - 7° 47’ O). Limita ao N co concello de Allariz (comarca Allariz-Maceda), ao L co concello de Sandiás (A Limia), ao S co de Xinzo de Limia (A Limia) e ao O co de Rairiz de Veiga (A Limia). Abrangue unha superficie de 20,7 km 2 cunha poboación de 1.002 h (2001) distribuída nas parroquias de Parada de Outeiro e Vilar de Santos. A capital é Vilar de Santos, na parroquia homónima. Atópase a 163 km de Santiago de Compostela e a 40 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
    Xeografía física
    Distínguense dúas unidades morfolóxicas. A parte setentrional é unha área montañosa formada por elevacións superiores aos 700 m que se inclúen nas serras centrais ourensás. Destacan os montes do Castro (842 m) e Cubelo (736 m). Cara ao S hai un descenso progresivo da altitude e entra na ribeira norte do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilar de Santos. De orixe románica, pertenceu á orde de Santiago. Destacan as dúas portadas do s XII. A portada principal está formada por tres pares de columnas sobre as que se sitúan as arquivoltas e carece de tímpano. No muro meridional, destacan os capiteis historiados das columnas que sustentan as arquivoltas e o tímpano decorado cunha palma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Explorador e xeógrafo. Descubriu o golfo de San José e o río Negro (1779). Confeccionou cartas náuticas do río Negro, do golfo de San Matías e do tramo entre o río Negro e o Colorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Director da fotogalería Cuartoscuro de Ferrol e presidente da Sociedad Fotográfica da Coruña, participou na edición de numerosos libros e revistas, como Bestias involuntarias (1992), Ferrol, mar adentro (1993), A fotografía na arte contemporánea (1995), Emboscadura (1998) e Doce tumbas (2000). Expuxo en diversas cidades de Europa e EE UU. Participou na I e VII Fotobienal de Vigo (1984 e 1996), e nas tituladas “Manuel Vilariño, Fío e sombra” (2002), para o CGAC, e “Señal en el aire” (2004) para o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Vilasantar, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Betanzos, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, na provincia da Coruña (43° 04’ 00’’ N- 8° 07’10’’ O). Limita ao N co concello de Curtis (comarca de Betanzos), ao L con Sobrado dos Monxes (Terra de Melide), ao S con Sobrado dos Monxes (Terra de Melide) e Boimorto (Arzúa), e ao O con Mesía (Ordes). Abrangue unha superficie de 59,2 km 2 cunha poboación de 1.469 h (2007) distribuída nas parroquias de Armental, Barbeito, Mezonzo, Présaras, San Vicenzo de Curtis, Vilariño e Vilasantar. A capital está no lugar de Ru, na parroquia de Vilasantar. Sitúase a 51 km de Santiago de Compostela e a 48 km da Coruña. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Betanzos.
    Xeografía física
    O territorio de Vilasantar é unha chaira de moderada altitude, entre os 350 e os 600 m (monte Enxameno, 609 m), na que apenas existen resaltes e si unha sucesión de suaves pendentes condicionadas pola débil acción erosiva fluvial....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO