"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Movemento socialista caracterizado pola renuncia ao marxismo, a aceptación das institucións liberal-democráticas e unha práctica política de tipo moderado. Desde finais do s XIX ata a Primeira Guerra Mundial fai referencia aos partidos políticos de inspiración marxista, sobre todo en Alemaña, países escandinavos e Rusia. A primeira tendencia revisionista do marxismo, protagonizada por E. Bernstein, rexeitaba a ditadura do proletariado e preconizaba unha transformación lenta do sistema capitalista, que se convertería en socialista mediante un proceso de reformas graduais e sucesivas, conseguidas a través da loita parlamentaria, en que os socialistas habían de buscar a alianza dos partidos burgueses da esquerda. As tendencias revisionistas penetraron profundamente na práctica política de diversos partidos socialistas, como o Sozialdemokratische Partei Deutschlands, o Partido Socialdemócrata Danés, o Partido do Traballo de Noruega e o Partido Socialdemócrata Sueco. O Labour Party británico...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á socialdemocracia.

    2. Partidario da socialdemocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de doutrinas que, en oposición ao individualismo, propugnan unha reforma radical da organización da sociedade para a supresión das clases sociais mediante a colectivización dos medios de produción, de cambio e de distribución. No s XIX, o socialismo utópico desenvolveuse en Francia e Reino Unido. Coa difusión das teorías de K. Marx e F. Engels apareceu o socialismo científico. Marx e Engels subliñaron a importancia capital do antagonismo entre burguesía e proletariado dentro da nova sociedade industrial contemporánea, e afirmaron que só o proletariado podía pór fin á anarquía da produción ao apoderarse do estado moderno, instrumento en mans da burguesía, e ao abolir o modo de produción capitalista e as relacións de propiedades burguesas. O socialismo marxista obtivo unha primeira plataforma organizadora en 1864 coa fundación da Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional. Ao comezo do s XX e, a medida que parecía afastarse da perspectiva dun inminente...

    2. Fase transitoria do socialismo desenvolvida por K. Marx e F. Engels, unha vez superado o socialismo utópico que pretendía, partindo da análise dos mecanismos económicos que rexían as sociedades e dunha visión científica da historia, transformar a realidade e acelerar o triunfo inelutable do socialismo.

    3. Fase inicial da evolución do pensamento e da acción socialistas, caracterizada pola crítica das estruturas e relacións sociais vixentes, e a descrición teórica dun futuro sistema social perfecto, harmónico e baseado na igualdade de todos os homes. Desenvolveuse ao longo do s XIX como reacción contra as consecuencias máis brutais para a clase obreira do individualismo político e do liberalismo económico. En Francia Saint-Simon, foi o apoloxista da nova sociedade industrial e o teórico da planificación económico-social; E. Cabet propugnou un comunismo pacifista, e L. Blanc, P. J. Proudhon, P. J. Buchez e L. A. Blanqui fixeron a crítica do industrialismo desde posicións reformistas ou revolucionarias. En Reino Unido o seu representante foi R. Owen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao socialismo ou aos socialistas.

      1. Partidario do socialismo.

      2. Membro dun partido de ideoloxía socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir de 1938. Promovida pola Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos, o seu fundador foi Pedro Longueira. O obxectivo do xornal foi tentar establecer pontes entre os emigrantes galegos en Barcelona e América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Madrid a partir de 1886, voceira do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Dirixida inicialmente por Paulo Iglesias, naceu como semanario e converteuse en diario en 1912. Durante a Guerra Civil trasladou a súa redacción a Barcelona, entre o 2 de maio de 1938 e o 21 de xaneiro de 1939. Posteriormente publicouse en Francia intermitentemente durante o Franquismo, ata que reapareceu en 1977 como revista mensual en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de socializar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transferir ao estado ou a outro órgano colectivo as industrias ou propiedades dos particulares para que os beneficios obtidos revertan na sociedade. Ao socializar os medios de produción en conxunto e transferilos ao estado inténtase consolidar un sistema económico de tipo socialista.

    2. Levar a cabo o proceso polo que un individuo aprende e interioriza os elementos da cultura do seu contorno social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade creada en 1899 na Coruña. Sucedeu ao gremio de carpinteiros adherido á Primeira Internacional en 1871.   Entre 1908 e 1910 fíxose cargo da Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera de carácter estatal e da edición do seu voceiro La Cuña. En 1910 participou no Congreso fundacional da CNT. Durante a Segunda República, en 1933, integrouse como sección no Sindicato del Ramo de la Construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución benéfica creada en Puerto Rico en 1883 por emigrantes españois, moitos deles galegos. ; Fundouse co propósito de proporcionar asistencia sanitaria aos emigrantes españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1961, que ten como obxectivos o estudo das afeccións cirúrxicas en todos os seus aspectos, contribuír ao progreso do coñecemento e bens públicos, defender o prestixio e os intereses dos cirurxiáns, así como establecer nexos de unión entre organismos similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa pública creada en 1994 para coordinar e impulsar o Plan de Desenvolvemento Comarcal. É un centro de innovación, planificación e estudo do territorio, así como un centro de investigación aplicada que colabora con programas experimentais de ámbito europeo, para a aplicación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento e a planificación. Conta co Sistema de Información Xeográfica (SITGA), que ten un banco de datos municipal (BDM), onde se almacenan datos socioeconómicos, de infraestruturas e me-dioambientais xeorreferenciados, que permiten situar e analizar os recursos do territorio galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que forma parte dunha sociedade ou asociación.

    2. Persoa asociada a outra ou outras para algún fin, especialmente un negocio.

    3. Persoa unida a outra por unha relación de amizade ou compañeirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla do Rei Paulo I de Grecia e de Federica de Hannover. Con motivo da invasión do seu país polos alemáns (1941) exiliouse coa súa familia en Creta, en Exipto e en África do Sur ata 1946. Realizou estudos de música e arqueoloxía. En 1960 participou como suplente no equipo de vela grego nos Xogos Olímpicos de Roma. En 1962 casou en Atenas co futuro Rei Xoán Carlos I de España, con quen tivo tres fillos. Presidenta executiva da Fundación Reina Sofía e presidenta de honra da Fundación de Ayuda contra la Drogadición e do Real Patronato de Discapacidad, ademais doutras institucións, participa, entre outros, en proxectos internacionais sobre o desenvolvemento da muller rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades obreiras non afiliadas a UGT que simpatizaban coa práctica da acción directa e o apoliticismo. Uníronse nunha xuntanza celebrada promovida polo Centro de Sociedades Obreras de Vigo en 1911 co nome de Confederación Regional Solidaridad Obrera de Galicia. O seu comité tiña sede na Coruña. Despareceu despois da folga xeral promovida pola CNT en outubro dese mesmo ano e tras a que o goberno suspendeu diversos colectivos integrados nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Predicou diversas misións en Galicia e fundou o convento da Orde de Santo Domingo en Padrón. Foi teólogo consultor no Concilio Vaticano I e escribiu diferentes haxiografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao solsticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicador da capacidade económica dunha persoa ou entidade social. Referido ás persoas individuais é sinónimo de posesión de bens. Referido a empresas mercantís, relaciónase co seu patrimonio neto e interprétase como un índice da garantía para provedores e acredores cara á cobertura dos seus créditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou sensación de torpeza provocado pola falta de sono.

    2. Estado intermedio entre a vixilia e o sono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia que se produce en certos líquidos que conteñen gases disoltos ao sometelos á acción de ultrasóns de suficiente intensidade. Ten lugar debido ás reaccións químicas dos vapores presentes nas minúsculas cavidades que se producen polas vibracións ultrasonoras incidentes.

    VER O DETALLE DO TERMO