"lla" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Foi unha das figuras máis destacadas do romanticismo medievalizante e lendario. Da súa poesía, con predilección polos motivos históricos e lendarios, destacan algunhas composicións líricas pero, sobre todo, as lendas, dunha gran forza descritiva e dun gran dramatismo como Cantos del trovador (1840-1841). En teatro, debe a fama ao drama Don Juan Tenorio (1844), aínda que tamén escribiu outras obras como El zapatero y el rey (1840) e Traidor, inconfeso y mártir (1849). En prosa escribiu as súas memorias Recuerdos del tiempo viejo (1880-1883). Foi nomeado cronista de Valladolid (1884) e coroado como poeta nacional en Granada (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘médico’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-Andalus no 721 e do 730 ao 732. Efectuou unha expedición a Aquitania para reprimir a rebelión do bérber Munusa e tomar Bordeos. Derrotado e executado por Carlos Martell.
-
PERSOEIRO
Emir omeia. Fillo de Mu ḥ ammad I, casou con Oneca, filla de Fortuno Garcés de Navarra. No ano 888 substituíu o seu irmán Mundir, quen posiblemente foi asasinado. Despois fixo decapitar o seu segundo fillo al-Mutarrif, que pretendía usurparlle o trono. Durante o seu reinado acadou o punto máis importante a crise provocada polo pulo que van tomando os reinos cristiáns do norte, a inquietude dos muladís e mozárabes e o particularismo árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada, da familia zírida. Sucedeu ao seu avó Badis no ano 1073. Foi deposto por Yūf ibn Tašin. Como monarca, interesáronlle máis as letras que a política.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Califa de Sudán dende 1885, sucesor do Mahdī Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh. Foi vencido polos británicos e os sudaneses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Granada (? 1145) e de València. Foi nomeado polo seu pai Mu ḥ ammad ibn Gānīya herdeiro do Goberno de Mallorca. Morreu asasinado polo seu irmán Is ḥ aq ibn Gānīya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Ifrīqiya, fillo de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. No ano 707, sen ter o cargo, capitaneou o primeiro ataque musulmán ás Illes Balears. Foi destituído e asasinado por orde do Califa Sulaymān.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Caudillo militar árabe, comandante no N de África e Gobernador de Exipto. No ano 647 derrotou e executou o exarca de Cartago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fundador da seita dos almorábides. Someteu as tribos do Sáhara Occidental e apoderouse do Magreb. Á súa morte, sucedeuno Yūsuf ibn Tašfīn.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abdullah bin Abdul Kadir Munshi.
-
PERSOEIRO
Lugartenente de Sayf al-Dawla, Rei de diversas Taifas de al-Andalus, e de al-Šarqiyya. Á morte do seu xefe declárase independente en València no ano 1146.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista exipcio. Dende o periódico Al-Ta´if, expuxo as súas ideas nacionalistas contra as grandes potencias europeas. Fundou a revista satírica Al-Ustād, que foi prohibida. É autor de obras literarias en árabe dialectal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político marroquí. No 1933 fuxiu do país a causa das súas actividades nacionalistas. Á súa volta, interveu na fundación da Acción Marroquí (1934) e, posteriormente (1937), do Istiqlāl, escisión da anterior. Deportado entre 1937 e 1947, de volta ao Marrocos converteuse en Presidente do Istiqlāl, cargo que mantivo ata a súa morte, pero tivo que exiliarse entre 1947 e 1953. Despois da independencia marroquí, foi nomeado Presidente do Consello Constitucional (1961) e Ministro de Asuntos Islámicos (1962), pasando á oposición no 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro imán e fundador da dinastía fatimita. Propagandista do movemento xiíta ismailita, foi expulsado polos califas abbásidas de Siria e refuxiouse ao N de África, onde puxo fin ao dominio dos aglábidas e foi recoñecido califa en Kairouan (909). En 920 iniciou campañas expansivas polo N de África, freadas no Magreb occidental grazas á intervención de ‘Abd al-Ra ḥ mãn III de Córdoba. Sucedeuno seu fillo Abū-al-Qasim.
VER O DETALLE DO TERMO