‘Ubayd Allāh al Mahdī

‘Ubayd Allāh al Mahdī

Primeiro imán e fundador da dinastía fatimita. Propagandista do movemento xiíta ismailita, foi expulsado polos califas abbásidas de Siria e refuxiouse ao N de África, onde puxo fin ao dominio dos aglábidas e foi recoñecido califa en Kairouan (909). En 920 iniciou campañas expansivas polo N de África, freadas no Magreb occidental grazas á intervención de ‘Abd al-Ra ḥ mãn III de Córdoba. Sucedeuno seu fillo Abū-al-Qasim.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salamiyya