‘Allāl al-Fāsī

‘Allāl al-Fāsī

Político marroquí. No 1933 fuxiu do país a causa das súas actividades nacionalistas. Á súa volta, interveu na fundación da Acción Marroquí (1934) e, posteriormente (1937), do Istiqlāl, escisión da anterior. Deportado entre 1937 e 1947, de volta ao Marrocos converteuse en Presidente do Istiqlāl, cargo que mantivo ata a súa morte, pero tivo que exiliarse entre 1947 e 1953. Despois da independencia marroquí, foi nomeado Presidente do Consello Constitucional (1961) e Ministro de Asuntos Islámicos (1962), pasando á oposición no 1963.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fez

  • Deceso

    Lugar : Bucarest