"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Escritor dinamarqués. De orixe humilde e formación autodidacta, estableceuse na RDA en 1949. A súa obra literaria, composta de novelas e narracións autobiográficas, reflicte a situación do proletariado. Entre as novelas cómpre mencionar Pelle Erobreren (‘Pelle o Conquistador’), escrito entre 1906 e 1910, e Morten hin Rode (‘Martiño o Rubio’), publicada en 1945. Deixou libros de viaxes e de ensaio; destaca na narración curta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino. É autor dunha notable Historia de la literatura hispanoamericana (1954) e de estudos literarios como Ensayos (1946), La crítica literaria contemporánea (1957) e Teoría y técnica del cuento (1979), entre outros. Dedicouse tamén á narrativa, con obras como Fuga (1953), La sandía y otros cuentos (1969), El leve Pedro (1976) e El milagro y otros cuentos (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador económico escocés. É autor de An Historical and Cronological Dedution on Trade and Commerce (‘Unha dedución cronolóxica e histórica do comercio’), que foi empregada dende 1762 polos economistas clásicos ingleses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. En 1930 comezou un estudo exhaustivo das partículas ionizadas producidas polos raios cósmicos. Mediante unha cámara de Wilson observou en 1932 a existencia efectiva do positrón, partícula definida teoricamente por Dirac pero non observada ata ese momento. Con este descubrimento acadou o Premio Nobel de Física no ano 1936, que compartiu co seu colega Victor F. Hess.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo escocés. Estudiou a dinámica das fallas, as intrusións ígneas, a alineación dos xistos e o vulcanismo; e deu unha primeira explicación das liñas de Becke, importante método da óptica mineral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pastor escocés, xefe dunha loxia de francmasóns. Redactou as constitucións da francmasonería en The Constitutions of Free-Masons (1723) e publicou Royal genealogies (Xenealoxías reais, 1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e empresario agrícola escocés. Na súa obra Essays Relating to Agriculture and Rural Affairs (Ensaios relacionados coa agricultura e os asuntos rurais, 1775), definiu a teoría da renda diferencial da terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano norteamericana considerada, no repertorio italiano, a sucesora de J. Sutherland. Debutou, por vez primeira, no New York City Opera (1978) e axiña se converteu nunha cantante de proxección internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e crítico cinematográfico inglés. Foi o principal promotor e teórico do free-cinema. Iniciouse no cinema coa realización de documentais, nos que xa apuntaba unha decidida vontade testemuñal e crítica. En 1957 realizou o transcendental Every Day except Christmas (‘Todos os días agás Nadal’), obra básica do free-cinema. Con If (‘Se’,1969) gañou a Palma de Ouro do festival de Cannes dese mesmo ano. Tamén dirixiu Lucky Man (‘Home afortunado’, 1973) e The Whales of August (‘As baleas de agosto’,1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Contralto norteamericana. O seu repertorio comprendía tanto negro-espirituais coma obras dos románticos alemáns. Foi a primeira cantante afroamericana admitida no Metropolitan Opera House de Nova York (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo norteamericano. Tentou renovar o teatro en verso e foi autor de libretos de comedias musicais. Son notables What Price Glory (1924), Winterset (1935), Key Largo (1940) e Anna of the 1000 Days (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Traballou, especialmente, na física do estado sólido e estudiou a relación entre supercondutividade, superfluencia e láser, o efecto Josephson e os semicondutores amorfos. No 1977 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto cos seus compañeiros J. H. Van Vleck e sir N. F. Mott, concedido polas súas contribucións ao estudo do comportamento dos electróns nos sólidos magnéticos non cristalinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador norteamericano. Publicou contos e novelas cun estilo directo que influiría na narrativa posterior, sobre todo na de Hemingway. Na súa obra preocupouse pola absorción aniquiladora do home dentro da sociedade industrial. Considerado un dos creadores da novela norteamericana, as súas obras principais son Winesburg, Ohio (1919) e Dark Laugther (1925). Postumamente publicou a autobiografía S. A.’s Memoirs (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico escocés. Descubriu a piridina, a lutidina e a colidina. Fixo un estudo detallado da codeína e doutros constituíntes do opio, así como do antraceno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca. Bergman incorporouna ao Stadsteater de Malmö en 1953. No cine traballou para Gustaf Molander, Alf Sjöberg e, principalmente, para Ingmar Bergman.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta sueco de formación autodidacta. En 1914 comezou a publicar as súas poesías. Foi o iniciador da literatura “proletaria” no seu país. Coa súa obra, mestura de tintes sociais cunha especie de fe relixiosa, acadou decontado unha gran popularidade. Salienta Kolvaktarens visor (‘Cancións do carboneiro’, 1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca de vigorosa personalidade. Deuna a coñecer Ingmar Bergman, en 1952, co filme Sommaren med Monika (‘Verán con Mónica’).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cordal de América do Sur, da oroxenia alpina, que constitúe o relevo máis grande do mundo con picos de 7.000 m. Ten unha lonxitude duns 8.000 km coa máxima amplitude en Bolivia (750 km) e unha orientación N-S das súas estruturas en case toda a súa superficie. En conxunto, o sistema andino está formado, ao N do paralelo 30, por dous cordais principais separados por unha plataforma elevada, o Altiplano, mentres que ao S deste paralelo só continúa a que fai de fachada fronte ao Pacífico. O cordal occidental está constituído, sobre todo, por sedimentos mesozoicos sobre un núcleo batolítico e con vulcanismo moderno; o oriental por niveis do paleozoico, principalmente sobre un núcleo de granito e xistos, quedando limitado a Oriente pola depresión Subandina, rechea por materiais terciarios e cuaternarios. Pola parte do Pacífico esténdese a cadea costeira, composta por niveis paleozoicos e precámbricos, erguida polos movementos alpinos. Os volcáns forman aliñamentos importantes, sobre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral mixto do grupo dos feldespatos; pertence á serie isomórfica das plaxioclasas, da que é o compoñente medio, cun 50% de albita e un 50% de anortita. Cristaliza no sistema triclínico e os cristais son de cor branca, gris ou verde. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 2,65.