andesina

andesina
s f [MINERAL]

Mineral mixto do grupo dos feldespatos; pertence á serie isomórfica das plaxioclasas, da que é o compoñente medio, cun 50% de albita e un 50% de anortita. Cristaliza no sistema triclínico e os cristais son de cor branca, gris ou verde. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 2,65.

Palabras veciñas

Andersson, Harriet | Andes | Andes | andesina | andesita | andesítico -ca | Andévalo, El