andesita
andesita
s
f
[XEOL]
Rocha eruptiva da familia da diorita, de cor gris, case negra. É de estrutura microlítica, aínda que pode presentar fenocristais de andesina ou de anfíboles. As erupcións saen en forma de lavas case sólidas ou en coadas que xorden xunto con produtos piroclásticos.