"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
GALICIA
Escultor, fillo de Ventura Caulonga. Foi discípulo de Magariños e estivo en contacto cos principais obradoiros escultóricos de Santiago de Compostela e completou os seus estudios na Escola de Artes e Oficios Artísticos. A súa obra centrouse na produción de retablos, tallas de pequeno formato, esculturas e relevos de temática fundamentalmente rexionalista, que están dispersas por diversas institucións de Galicia e do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nicaraguano. En 1811 participou no primeiro intento revolucionario contra as autoridades españolas, polo que foi apresado e condenado a morte, pena que foi conmutada pola de cadea perpetua en Ceuta. Tras varios anos de prisión regresou a Nicaragua onde ocupou o cargo de presidente (1825-1826). Trala guerra civil, iniciada coa sublevación de Juan Argüello, foi deposto e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. A súa obra lírica en galego foi publicada postumamente nunha edición de Lois Vázquez (1986), dividida en tres partes: “Íntimas”, “Tornade os que estades fóra” e “Cantigas”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático dominicano. Despois dunha primeira etapa modernista influída por D’Annunzio e pola súa obra Sangre de primavera (1908), escribiu La sangre (1914) na que describe a época do ditador Ulises Heureaux. É autor ademais de ensaios e textos históricos e políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista francés. Exerceu unha grande influencia na escola francesa contemporánea. Da súa produción destaca a rapsodia orquestral España (1883), as óperas Gwendoline (1885) e Le roi malgré lui (Rei ao seu pesar, 1887), así como as obras para piano Pièces pittoresques (Pezas pintorescas, 1881) e Valses romantiques (Valses románticos, 1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, militar e político. Foi ministro da Mariña e Ultramar, deputado e presidente da Junta do Crédito Público. Escribiu, entre outras obras, Poema da mocidade (1865), Tristezas à beira mar (1866), A mantilha de Beatriz (1878) e unha História de Portugal (1869-1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte e arqueólogo. Licenciado en Dereito e doutor en Filosofía e Letras (1933) pola Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia no Instituto Nebrija de Madrid. Durante a Guerra Civil traballou desde 1938 no Servicio de Recuperación Artística e, en 1939, foi nomeado inspector dos Depósitos de Arte. En 1940 accedeu ao cargo de comisario da 3ª Zona do Servicio de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional (Euskadi, Navarra, Aragón e Catalunya) e, en 1945, desempeñou o mesmo cargo na 1ª Zona (Galicia, Asturias, León e Zamora), durante máis de trinta anos. A instancias súas redactáronse en 1964 as Instruciones del Patrimonio Artístico Número Cuatro, que protexeron o núcleo antigo de Santiago de Compostela da especulación inmobiliaria. En 1967 foi nomeado director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e, en 1977, subdirector xeral de Belas Artes. Como funcionario do corpo facultativo de conservadores de museos, reorganizou e instalou gran número destas institucións,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crego absolutista. Foi reitor de San Bieito en Santiago de Compostela e cóengo da catedral. Fundou a igrexa das Ánimas de Santiago de Compostela. Foi administrador xeral do Real Hospital de Santiago de Compostela e vogal da xunta de purificación constituída en 1823 para perseguir os liberais. Colaborador das publicacións absolutistas El Sensato e La Estafeta, editou Pronta contestación que da el cura de San Benito D. Manuel Chantre y Torre a la posta que recibió por la “Gaceta Marcial” del 2 de marzo de 1813 (1813) e a Respuesta al artículo “Época Milagrera” de la “Gaceta Marcial” (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e músico. Coñecido como Manu Chao, empezou os seus estudios musicais da man do seu pai Ramón Chao Rego e posteriormente ingresou no conservatorio de Chaville. Aos catorce anos subiu por vez primeira a un escenario e a súa primeira banda de música foi Joint de Culasse, que deixaría paso a Hot Pants, Los Carayos e finalmente a Mano Negra. Foi o promotor do festival A Feira das Mentiras, celebrado en Santiago de Compostela en xullo de 1998, onde uniu música, teatro, circo, fútbol e tradición nun espectáculo apoiado por figuras do mundo musical como Amparanoia ou os Diplomáticos de Monte-Alto. Realizou numerosas xiras por Latinoamérica e España e colaborou, entre outros artistas, con Joaquín Sabina, Skank, Muguruza e con Radio Bemba. A súa carreira en solitario comezou co disco Clandestino (1998), con temas como Minha Galera, Clandestino, Desaparecido ou Malegría; e co sinxelo Bongo Bong (1999). Posteriormente editou Próxima estación: Esperanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. De formación autodidacta, comezou a expoñer en Vigo no ano 1971. Na súa produción pitórica, en óleo ou acuarela, interesouse pola temática da vida cotiá: paisaxes campestres (Vista do delta do Miño), motivos mariñeiros (Mariscadoras na Ría), e a relixiosidade popular a través das escenas de romarías ou retratos de santos e de familiares (Tarde de merenda). No eido escultórico destaca o seu interese polo tratamento da figura humana en diferentes soportes como a madeira, o barro ou a pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Presidente do PP local de Cangas e vicepresidente do mesmo partido na comarca de Pontevedra, foi alcalde de Cangas entre 1991 e 1995, e representante popular no concello dende 1987 ata 1999. Entre 1990 e 1991 foi parlamentario popular e membro da comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego. Deputado provincial na Deputación de Pontevedra entre 1991 e 1996, formou parte da comisión de economía. Foi senador na VI lexislatura (1996-2000) e deputado no Congreso de los Diputados dende o ano 2000; forma parte das comisións de administracións públicas, de medio ambiente e do estudo do problema das drogas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Iniciou a súa carreira política en 1968. Foi membro da executiva confederal da UGT (1976-1986), da comisión executiva federal do PSOE (1981), secretario xeral do PSOE de Andalucía (1994) e deputado socialista por Cádiz entre 1977 e 1990. Exerceu como ministro de Traballo e Seguridade Social (1986-1990) e impulsou, entre outros, o proxecto da Carta Europea dos Dereitos Sociais Fundamentais dos Traballadores e favoreceu a aprobación da Reforma da Financiación da Seguridade Social e a Lei de Prestacións non Contributivas. Dende o 27 de xullo de 1990 é presidente da Junta de Andalucía, cargo no que foi reelixido en 1994 e 1998. Tamén en 1990 foi nomeado vicepresidente da Asemblea de Rexións de Europa, na que preside a Comisión III, encargada das relacións Norte-Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Realizou os seus primeiros estudios musicais da man do seu pai, sonado organista e pianista, e xa de neno compuxo pezas a varias voces para violín e piano. En 1860 marchou a Zamora, onde dirixiu a banda de música da Beneficiencia, e posteriormente a París e Milán, onde foi discípulo de Lauro Rossi. Volveu a Madrid en 1869 e dedicouse á docencia e a ofrecer concertos por España, Francia e Portugal. Colaborou en La España Musical, El Diario de Zaragoza e na Gaceta de Galicia. En 1892 designárono para reorganizar a banda de música de Santiago de Compostela. Das súas composicións destacan Aire gallego (1888), con texto de Alfredo Brañas e publicado en Galicia Humorística, Zapateado (1888) e El Gimido, publicado en La Aurora de Galicia. Foi galardoado coa Cruz de Carlos III e nomeado socio de mérito do Ateneo de Señoras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, ilustrador e poeta. De formación autodidacta, comezou a expoñer de xeito regular en 1980. Participou en varios proxectos expositivos relevantes da década dos noventa como Loairas (1993), organizado pola Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior, Coincidencias (1994) e Galicia. Terra Única (1997), organizados pola Xunta de Galicia. Emprega a pedra, a madeira e as pezas de bronce e ferro, moitas veces reutilizadas e ensambladas no obxecto escultórico. A súa obra está cargada dunha ironía e dunha lírica próximas á creatividade popular e á reinterpretación da natureza, como na serie Avelaíñas (2000). Aínda que as súas pezas adoitan ser de formato pequeno ou medio, co proxecto de escultura pública Porta da Luz Salgada (Vilagarcía de Arousa, 2001) achegouse aos grandes formatos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Documento escrito polo crego Bernardo. Trátase da obra máis antiga na que hai noticias sobre a igrexa de Santiago de Compostela, con informacións que chegan ata o ano 1126.
-
-
Proceso de cementación dos aceiros cun baño de sales fundidos a unha temperatura aproximada de 800°C. O baño normalmente está formado por cianuro (70%), carbonato (25%) e, como estabilizador, cloruro sódico. Durante o proceso difúndese carbono e, en menor proporción, nitróxeno pola superficie do metal. A cianuración emprégase principalmente para cementar pezas pequenas e ten a vantaxe de ser un método rápido que permite temperar o aceiro sen volver quentalo, ademais de deixar as pezas lisas e limpas.
-
Procedemento de obtención do ouro e da prata que consiste en tratar o mineral cunha solución de cianuro alcalino en presencia de aire. O ouro ou a prata disólvense por formación dos cianocomplexos, moi estables: 4Au + 8NaCN+O 2 +2H 2 O→4Na[(CN) 2 Au]+4NaOH. A precipitación do metal prodúcese por cementación con cinc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter unha substancia a cianuración.
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido cianúrico.
-
Trímero do ácido ciánico.
-