Chao, Manuel
Cantante e músico. Coñecido como Manu Chao, empezou os seus estudios musicais da man do seu pai Ramón Chao Rego e posteriormente ingresou no conservatorio de Chaville. Aos catorce anos subiu por vez primeira a un escenario e a súa primeira banda de música foi Joint de Culasse, que deixaría paso a Hot Pants, Los Carayos e finalmente a Mano Negra. Foi o promotor do festival A Feira das Mentiras, celebrado en Santiago de Compostela en xullo de 1998, onde uniu música, teatro, circo, fútbol e tradición nun espectáculo apoiado por figuras do mundo musical como Amparanoia ou os Diplomáticos de Monte-Alto. Realizou numerosas xiras por Latinoamérica e España e colaborou, entre outros artistas, con Joaquín Sabina, Skank, Muguruza e con Radio Bemba. A súa carreira en solitario comezou co disco Clandestino (1998), con temas como Minha Galera, Clandestino, Desaparecido ou Malegría; e co sinxelo Bongo Bong (1999). Posteriormente editou Próxima estación: Esperanza.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París