"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde ás voces ‘camiñar’ ou ‘marchar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou debuxo na Escola de Artes de Vigo e diplomouse na Academia Panamericana de Nova York. O seu estilo é impresionista, non vinculado a escolas, e na técnica emprega tanto óleo como acuarela. Cultiva a paisaxe e as mariñas. Entre as súas obras destaca Ciudad de Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e etnógrafo. Foi ordenado sacerdote en Lugo e desenvolveu unha grande actividade nos campos xornalístico, literario e folclórico. Investigou na zona do Courel e A Pobra do Brollón sobre o personaxe do chufón, o intercesor nos contratos matrimoniais. Marchou a Bos Aires (1913) onde colaborou coa Casa de Galicia e coa comisión organizadora das Irmandades da Fala. Escribiu Los suevos en Lugo (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Foi autora do poema “El viajero”, incluído en El Heraldo Gallego e da composición “Gozos en alabanza de Nuestra Señora del Pilar (...)”, dedicada á visita de Isabel II a Galicia. Os seus poemas “En la playa de Villagarcía”, “El canto del pescador” e “La tempestad” incluíronse no Álbum de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desenvolvemento excesivo das mamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que estudia a relación entre as propiedades magnéticas e as elásticas dos corpos. Entre os fenómenos que estudia destaca a magnetostrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Bos Aires (1778-1783) e arcebispo de Santiago de Compostela (1783-1795). Relixioso franciscano, á fronte da diocese de Bos Aires colaborou na fundación de novas poboacións e no sometemento da revolta de Túpac Amaru. Volveu á Península Ibérica como arcebispo de Santiago de Compostela, onde patrocinou importantes construcións e dotou a cidade dunha vía que a uniu con Pontesampaio, e pretendía unila co mar mediante un canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica da mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e latinista. Autor dunha obra moi ampla, destacan os seus traballos Carácter convencional del ritmo (1971), Interpretación de los modos del verbo catalán (1972), Inscripciones romanas de Barcelona (1973), El préstamo fonológico (1976) e Diátesis múltiple de la serie -dor(a) (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e xurista, irmán de Manuel Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Ingresou na carreira xudicial e exerceu como maxistrado, profesión que abandonou para dedicarse á avogacía. Da súa produción xurídica destacan El Régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales (1958) e Las ideas jurídicas del Padre Feijoo (1973). Foi colaborador de diversas publicacións periódicas, como Galicia, Grial e Boletín da Real Academia Galega, en que incluíu artigos sobre os principais escritores galegos, e participou no Galician Programme da BBC. No campo literario, en que se inclúen obras de clara influencia neotrobadoresca e hilozoísta, destacan 14 Nadaliñas 1958-1973, Trébol poético (1943) e Do recuncho amado (1980). Gañou os Xogos Florais de 1945 no apartado de poesía en galego. Foi membro da Real Academia Galega, da que foi elixido presidente (1960), do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo e cofundador da Editorial Galaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade habitada polos iberos, situada no lugar onde Asdrúbal fundou, entre 228 e 221 a C, a cidade de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mástique.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mastieno.

    2. Individuo do pobo mastieno.

    3. Pobo ibero prerromano que se estendeu por Murcia e Almería desde o s V a C. Falaban unha lingua non indoeuropea e de orixe confusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode mastigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de mastigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mastiga.

    2. Fío con tres aneis soltos que se coloca na boca dos cabalos para estimular a salivación e o apetito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Triturar a comida na boca cos dentes.

    2. Meditar ou reflexionar profundamente unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve ou se pode mastigar.

    2. Aplícase á forma farmacéutica dalgúns medicamentos destinados a ser mastigados para favorecer a salivación e, consecuentemente, a penetración da solución do medicamento nos espacios interdentais. Utilízanse tamén para perfumar o alento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Funcionario que na Antiga Grecia se encargaba de gardar a orde.

      1. Relativo ou pertencente aos mastigóforos.

      2. Protozoo do subfilo dos mastigóforos.

      3. Subfilo de protozoos, do filo dos sarcomastigóforos, que posúen flaxelos como medio de locomoción. Inclúe protozoos fotosintéticos, fitomastigóforos e non fotosintéticos, zoomastigóforos, con numerosas ordes de interese parasitolóxico. É considerado por moitos autores un filo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mastigomicotas.

    2. Fungo da división dos mastigomicotas.

    3. División de fungos filamentosos, a maioría acuáticos, que producen zoosporas cun só flaxelo ou con dous. É considerada por moitos autores unha subdivisión.

    VER O DETALLE DO TERMO