"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa pouco coidadosa co seu aspecto persoal. SIN: badanas, baldreo, baldrogas, bandalleiro, bandallo, desleixado, fargallón, pastrán, zalapastrán.
-
-
Home de carácter pouco enérxico. SIN: chaíñas (col), pousafoles.
-
Persoa sucia e de aspecto descoidado. SIN: badanas, baldreo, baldroeiro, bandalleiro, bandallo, desleixado, fargallón, pastrán, pingo, zalapastrán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do xermánico Baldwin, composto de bald ‘audaz, valente’ e win ‘amigo’. Pode presentar as variantes Baldovino e Baldovinos. Non hai ningún san Baldovino pero si un beato chamado Balduíno; tamén aparece documentado na literatura medieval Baldovinos. A súa festividade celébrase o 26 de agosto.
-
PERSOEIRO
Rei dos belgas (1951-1993), fillo de Leopoldo III e de Ástrid de Suecia. Foi nomeado príncipe rexente en 1950. En 1960 casou con Fabiola de Mora y Aragón, coa que non tivo descendencia. En 1990 negouse a asinar a lei que despenalizaba o aborto nalgúns casos, o que motivou que o Parlamento, de acordo coa Constitución, o declarase incapaz para reinar (4.4.1990). Despois foi restituído nas súas funcións e gobernou ata a súa morte, cando foi sucedido polo seu irmán, Alberte II de Bélxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1204-1205). Fillo de Balduíno V, conde de Hianaut, e de Margarita I, condesa de Flandres, reuniu ambos os dous condados en 1195. Loitou ao lado de Inglaterra contra Filipe II Augusto de Francia. Polo Tratado de Peronne (1200) obtivo do Rei francés a retrocesión do nordeste do Artois. Foi un dos líderes da Cuarta Cruzada, que instaurou o Imperio Latino de Constantinopla, do que foi elixido Emperador grazas ao apoio de Venecia. Derrotado e feito preso polos búlgaros na Batalla de Adrianópolis (1205), probablemente foi executado por orde do Tsar búlgaro. Sucedeuno o seu irmán Enrico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xerusalén (1100 - 1118). Irmán e seguidor de Godofredo de Bouillon na Primeira Cruzada (1096), sostivo para si Edessa e fundou o condado do mesmo nome. Como Rei de Xerusalén conquistou Arsuz, Cesarea e, con axuda de flotas europeas, Acre (1104), Beirut (1110) e Sidón (1111). A súa autoridade foi recoñecida polos estados cristiáns xurdidos a raíz desta Primeira Cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1228-1261). Fillo de Pedro II de Couternay, sucedeu ao seu irmán Roberto I; reinou asociado ao seu sogro Xoán de Brienne (morto en 1237). Tivo que facer fronte ás reivindicacións ao trono de Bizancio dos emperadores de Nicea: Xoán II Ducas Vatatzes, que conquistou Adrianópolis e Tesalónica, e Miguel VIII, que se apropiou de Constantinopla, de onde fuxiu Balduíno II. No ano 1267 concertou con Carlos de Nápoles o Tratado de Viterbo, a cambio da axuda para recuperar o Imperio perdido, cedeulle unha parte do Imperio e concertou a voda do seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay, con Beatriz de Nápoles (estipulábase que se Filipe morría sen fillos, os seus dereitos revertían no pai desta, Carlos I).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xerusalén (1118-1131). Participou na primeira cruzada cos seus curmáns Jofre de Boullion e Balduíno, a quen sucedeu. Foi rexente do Principado de Antioquía en circunstancias difíciles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xerusalén (1143-1162), fillo de Melisenda (filla de Balduíno II de Xerusalén) e de Foulques V de Xerusalén (1131-1143). En 1152 asumiu a rexencia do condado de Trípoli. En 1153 conquistou Ascalón. Resistiu os ataques de Nūr-al-Din. Casou con Teodora, sobriña do Emperador de Bizancio, pero non tiveron descendencia. Sucedeuno Amalrico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Leproso (? 1160 - Xerusalén 1185) Rei de Xerusalén (1174-1185), fillo e sucesor de Amalrico I. Tivo como preceptor a Guillaume, arcebispo de Tir, e como rexente a Ramón III, conde de Trípoli. Opúxose á ofensiva de Saladino contra Siria e Palestina (1177 e 1182), pero non puido evitar que este rodease o Reino de Xerusalén grazas á unión de Siria e Exipto.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador, tamén coñecido como Grien ou Grün. Foi discípulo e amigo de Albert Dürer, traballou no seu obradoiro en Nuremberg como oficial (1502-1508?). En Estrasburgo gravou entre 1510 e 1514 algunhas versións de As bruxas. En Friburgo de Brisgovia realizou o políptico do altar maior da catedral (1512 - 1517) coa Coroación da Virxe na táboa central, a súa obra máis importante. En 1517 estableceuse definitivamente en Estrasburgo e mantivo contactos cos intelectuais adheridos á Reforma luterana. É un dos mellores representantes do Manierismo alemán. Nos últimos anos da súa vida pintou obras como A morte e a moza (1540?) e As sete idades da vida feminina (1544) que amosan a súa obsesión polos temas medievais do paso do tempo e a morte. Representou amais alegorías como A música ou A prudencia. Foi tamén un bo retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e pintor francés de orixe alemana. Realizou estudios e traballos fotográficos sobre obras arquitectónicas a partir do ano 1851, encargados polo Comité des Monuments Historiques. Está considerado como un dos pioneiros da fotografía no s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural do lugar de Balduz (Lugo), dende onde pasou ao País Vasco e Aragón. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de ouro, aclarada de azul.
-
PERSOEIRO
Actor norteamericano. Graduado no Lee Strasgberg Institute, comezou a súa carreira na serie de televisión The doctors (Os doutores) e na miniserie Uniforme Gris. Obtivo o premio de teatro World Theatre Award polo seu traballo en Loot, de Joe Orton. Traballou con directores coñecidos como Tim Burton, Oliver Stone e Jonathan Demme. Participou nos filmes Forever Lulu (Para sempre Lulu, 1986), Working Girls (Armas de muller, 1988), Malice (Malicia, 1993), Looking for Richard (Ollando para Richard, 1996), Ghosts of Mississippi (Pantasmas do Mississippi, 1997) e The Edge (O desafío, 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Activista do movemento a favor dos dereitos civís dos negros, a súa obra xira ao redor do racismo, a homosexualidade e a relixión. Algunhas das súas novelas son Another country (Outro país, 1962), If Beale Street could talk (Se a Beale Street puidese falar, 1974), Just above my head (A miña cabeza nestes intres, 1979) ou The Harlem Quartet (O cuarteto de Harlem, 1987); para o teatro escribiu Blues for Mister Charlie (Blues para míster Charlie, 1964) e o libro de poesías Jimmy’s Blues (O blues de Jimmy, 1983). A súa obra ensaística comprende The fire next time (O lume nos tempos vindeiros, 1963) e The price of a ticket (O prezo da entrada, 1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo, filósofo e sociólogo. Dentro do evolucionismo filosófico traballou no campo da Psicoloxía, da Epistemoloxía e da Metafísica. Descubriu dúas formas de comprender a realidade que, para superar o dualismo, se unían na estética: a axenética, aplicada á Mecánica, e a xenética, á vida e á cultura. Xunto con J. McKeen Cattell, fundou a Psychological Rewiew (1894-1909). É o autor de The individual and society (Individuo e sociedade, 1911), Handbook of psychology (Manual de psicoloxía, 1890-1891), Thought and things, or genetic logic (Pensamento e concreción, ou xenética lóxica, 1906-1911) e Genetic theory of reality (Teoría xenética da realidade, 1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro, conde de Stanley. Foi deputado conservador (1908), secretario de Finanzas de Facenda (1917), membro do gabinete de Lloyd George como ministro de Comercio (1921) e chanceler do Exchequer no goberno de Bonar Law (1922), a quen sucedeu (1923) como primeiro ministro (1923-1924, 1924-1929, 1935-1937). Con Ramsay MacDonald formou en 1931 o Goberno Nacional e ocupou o cargo de presidente do Consello. A súa mediación cos conservadores fixo posible a aprobación do Government of India Bell que outorgaba o autogoberno á India. En 1935 sucedeu a MacDonald como primeiro ministro. Ante a escalada de violencia internacional iniciou un plan de rearme. Dimitiu en 1937 e dedicouse ao seu traballo na Cámara dos Lores. Criticado polo seu proteccionismo, contemporizou nun primeiro momento co fascismo, adoptando despois unha actitude máis dura. Promoveu a preferencia aduaneira para os países da Commonwealth.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor norteamericano. Estudiou Ciencias Políticas. Traballou como modelo para coñecidas firmas de roupa e comezou a súa carreira como actor nun breve papel no filme Born on the Fouth of July (Nacido o catro de xullo, 1989). Tamén participou na rodaxe doutros filmes: Flatliners (Liña mortal, 1990), Backdraft (Labaradas, 1991), Sliver (Acosada, 1993), Fair Game (Caza legal, 1995) e Curdled (Xeado, 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e dramaturgo. Convertido ao Protestantismo, foi perseguido e exiliado. Foi bispo de Ossory e de Canterbury. Escribiu para teatro moralidades á maneira medieval como Moses and Christ (Moisés e Xesús, 1548) e a primeira comedia histórica en inglés: King John (Rei Xoán, 1548). Tamén é o autor da obra biográfica Illustrium maioris Britanniae scriptorum Summarium (1548-1549).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ramos finos empregados para varrer a eira logo de mallar os cereais.