Baldung, Hans
Pintor e gravador, tamén coñecido como Grien ou Grün. Foi discípulo e amigo de Albert Dürer, traballou no seu obradoiro en Nuremberg como oficial (1502-1508?). En Estrasburgo gravou entre 1510 e 1514 algunhas versións de As bruxas. En Friburgo de Brisgovia realizou o políptico do altar maior da catedral (1512 - 1517) coa Coroación da Virxe na táboa central, a súa obra máis importante. En 1517 estableceuse definitivamente en Estrasburgo e mantivo contactos cos intelectuais adheridos á Reforma luterana. É un dos mellores representantes do Manierismo alemán. Nos últimos anos da súa vida pintou obras como A morte e a moza (1540?) e As sete idades da vida feminina (1544) que amosan a súa obsesión polos temas medievais do paso do tempo e a morte. Representou amais alegorías como A música ou A prudencia. Foi tamén un bo retratista.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Schwäbisch Gmünd, Suabia -
Deceso
Lugar : Estrasburgo