"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña o 5.8.1856 e que cesou entre os anos 1866 e 1867. Aínda que nun principio saía semanalmente, pouco a pouco editouse de forma máis irregular. Foi impreso no Hospicio, por Puga e por Cascante. Foron os seus directores Benito Plá y Cancela, Laureano Lago, Félix Álvarez Villamil e Alonso Rey. Entre os seus redactores figuran Manuel Rúa Figueroa, Salustio Alvarado, Antonio Batanero e Justo Pelayo Cuesta, entre outros. Como colaboradores aparecían Castro Bolaño e Eduardo Trillo. Tiña as seccións tituladas “Sección Doctrinal”, “Jurisprudencia Civil”, “Jurisprudencia Administrativa”, “Crónica”, “Noticias Generales” e “Variedades”. Incluía artigos científicos sobre lexislación e xurisprudencia, e información sobre causas e cuestións da Audiencia, do Tribunal Supremo de Xustiza e do Consello de Estado. Ademais, introducía bibliografía, referencias a arquivos, datos estatísticos e curiosidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista profesional de carácter técnico editada entre os anos 1907 e 1916 en Santiago de Compostela. Tiña unha periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia nacionalista aparecida na década dos anos vinte, editada cada mes. Colaboraron nela varios intelectuais galegos, entre eles, Vicente Risco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu na Coruña o 2 de decembro de 1847 e desapareceu en decembro de 1848. Foi impreso en holandesa por Domingo Puga. Tivo dous directores, por unha banda Xosé Puente Brañas e, pola outra, Xoán Pedro Vicenti. Colaboraron neste boletín Romero Ortiz, Antolín Faraldo e Cubeiro Piñol, entre outros. Tiña como obxectivo defender a escola librecambista e creouse canda o espertar económico europeo. Nas súas follas ofrecía información sobre os prezos dos mercados da provincia, portes, seguros, cambios, noticias do comercio, revistas teatrais, unha sección relixiosa, movementos do porto ou a bolsa de Madrid. Divulgaba a súa ideoloxía a través de artigos doutrinais. Ao despedirse dos lectores no derradeiro número manifestou certas dificultades materiais, aínda que non económicas, para a súa edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Montreal en xullo de 1972, que cesou dous anos despois, en 1974. O Centro galego de Montreal foi o encargado da súa edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación iniciada entre os anos 1894 e 1895 en Ourense. Cesou despois do ano 1900. Foi a primeira publicación que dependeu do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Ortigueira en outubro de 1916. Este boletín, de periodicidade mensual, subtitulouse “Órgano oficial del ayuntamiento de Ortigueira”. Era gratuíto para os habitantes do termo municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela no ano 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña no ano 1930. Levaba como subtítulo “Órgano oficial del ayuntamiento de La Coruña”. Aínda que nun principio tiña periodicidade mensual, logo saíu bimestralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu en Ourense, en abril de 1922. Na portada do primeiro número “O conselleiro supremo”, Vicente Risco expuña as bases da organización nacionalista, tamén mencionaba as entidades que prestaron a súa ratificación a todos os acordos da IV Asambreia Nazonalista: a Irmandade da Fala do Ferrol, Mocedade Galeguista d’Ourense, Irmandade Céltiga de Madrid, Grupo Nazonalista de Bayona, Irmandade da Fala de Santiago e Mocedade Galeguista de Vigo. Todas estas entidades constituíronse en delegacións da Irmandade Nazonalista galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña o 1 de setembro de 1833, que desapareceu a finais de maio de 1834. De periodicidade trisemanal, pasou finalmente a ser bisemanal. Aínda que foi contratado polo impresor Pascual Arza, foi Iguereta quen sen encargou da súa edición. No seu pé levaba o selo de Imprenta del Boletín. Á parte do seu contido oficial, incluía poesía patriótica, novas e informacións referidas a outros asuntos. No ano 1834 foi substituído polos boletíns das catro provincias galegas, por mor da nova división administrativa e territorial de España, e de Galicia en concreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Lugo en 1913. Tiña periodicidade mensual e constaba de oito follas xunto a unha cuberta. Non tiña prezo nin pé de imprenta. Da súa administración e redacción encargábase a propia Cámara de Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Vilagarcía de Arousa no ano 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1873 en Lugo, fundada polo bispo diocesano. Saíu para substituír o Boletín del Clero, editado polo impresor Soto Freire, quen era incapaz de continuar coa súa publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no ano 1897 en Ourense. Continuou co labor do Boletín eclesiástico del obispado de Orense. Entre os colaboradores desta publicación contábanse cregos, consiliarios diocesanos e outras personalidades relacionadas coa Igrexa. A temática era ante todo relixiosa, con circulares ou documentos do papado e do prelado de Ourense, aínda que tamén ofrecía información da administración e da diocese. Posuía tres seccións “Crónica diocesana”, “Bibliografía” e “De la secretaría de la cámara”. Introducía fotografías de cando en vez e facía publicidade de prensa e de libros católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ferrol o 13 de outubro de 1868, e que cesou o 28 do mesmo mes e do mesmo ano. Saía diariamente, editado na imprenta de El Brigantino. Ofrecía a información da propia Junta revolucionaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida por primeira vez en Vigo no ano 1922. Co tempo volveu aparecer en 1933, conservando en parte o título orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu o 2 de xuño de 1834 e pasou por diferentes etapas. Nun principio incluía como todos os periódicos oficiais da época, non só información local, senón tamén datos de carácter xeral, anuncios e artigos varios. Contaba con seccións como “Artículos de oficio”, “Real decreto”, “Ministerio de lo interior” ou “Anuncios”. Pola década dos anos corenta só prevalecían “Artículos de oficio”, “Anuncios oficiales” e “Anuncios”. Neste último apartado introducíronse debuxos para ilustrar os anuncios varios, como casas, barcos, carruaxes, etc. Chegou mesmo a incluír poemas patrióticos e de circunstancias. Deste xeito, podemos salientar o número 147, con data do 6 de xullo de 1836, onde aparecía o “Diálogo entre Gorecho e Mingos”. Trátase dun dos primeiros textos galegos en prosa, texto que formou parte dos diálogos de sátira política que tanto proliferaron no século XIX. Nun principio ao abeiro da loita contra os franceses, e despois no marco das liortas entre liberais e absolutistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 4 de maio de 1834 en Lugo. Tiña periodicidade bisemanal, logo trisemanal e finalmente, diaria. Foron os seus impresores J. Pujol, a viúva de Riesgo, Soto Freire, Enrique y Villamarín, Méndez e finalmente a imprenta da Deputación Provincial. Tiraba en 1913 uns 2.000 exemplares. Incluía nun principio información de carácter xeral, pero logo fíxose cada vez máis específica refereríndose a asuntos oficiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación da que o número 1 saíu o 1 de xuño de 1834. Era unha publicación diaria que ofrecía información sobre a administración e o goberno da provincia. Foi editada polo impresor Juan María Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO