Boletín Oficial de la Diócesis de Orense
Boletín Oficial de la Diócesis de Orense
Publicación aparecida no ano 1897 en Ourense. Continuou co labor do Boletín eclesiástico del obispado de Orense. Entre os colaboradores desta publicación contábanse cregos, consiliarios diocesanos e outras personalidades relacionadas coa Igrexa. A temática era ante todo relixiosa, con circulares ou documentos do papado e do prelado de Ourense, aínda que tamén ofrecía información da administración e da diocese. Posuía tres seccións “Crónica diocesana”, “Bibliografía” e “De la secretaría de la cámara”. Introducía fotografías de cando en vez e facía publicidade de prensa e de libros católicos.