"COI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 307.
-
PERSOEIRO
Político francés. Foi deputado dos Estados Xerais (1789) e, durante a Revolución Francesa, membro do Triunvirato, con Paul de Barras e La Révellière-Lépaux, e do Directorio (1795-1799). Organizou o golpe de estado do 18 de frutidor (4 de setembro de 1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e matemático francés, barón de Prony. Transformou moitos canais e portos, construíu o porto da Concorde, de París e ideou o freo de Prony.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e revolucionario francés. Exerceu de avogado en Arrás (1781), onde foi elixido deputado do terceiro estado nos Estados Xerais (1789). Transformados estes en Asemblea Nacional Constituínte, formou parte da oposición democrática. Foi presidente do club dos Xacobinos e impulsou a súa evolución democrática. Opúxose á política belicista dos xirondinos, que cría perigosa ao non estar consolidada a obra revolucionaria do interior do país. En 1792, despois da abolición da monarquía, chegou a ser un dos dirixentes principais da Comuna de París. Elixido deputado na Convención Nacional, dirixiu, xunto con Danton e Marat, a política dos xacobinos. Foi partidario da execución de Luís XVI de Francia, da expulsión dos xirondinos e da creación do Comité de Salvación Pública, do que foi o máximo dirixente. Obtivo o apoio dos sans-culottes. A súa actuación autoritaria fixo que perdera o apoio popular e foi guillotinado o 10 de termidor. Coa súa execución, a burguesía moderada recuperou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francesa, marquesa de Montespan. Foi favorita do Rei Luís XIV (1667-1679), con quen tivo oito fillos que foron lexitimados polo monarca. En 1691 deixou Versailles e retirouse a un convento que ela mesma fundara en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Jean-Baptiste Carpeaux, Bayre e Carrier-Belleuse, residiu en Bruxelas (1871-1875) como axudante de Carrier e como socio de Antoine-Joseph Van Rasbourg, con quen realizou o monumento ao burgomestre Loos do parque de Anveres. Posteriormente viaxou a Italia (1875), onde o impresionou a obra de Miguel Anxo. No Salon de 1877 a súa L’âge de bronze causou polémica, e no de 1879 o seu Jean-Baptiste foi premiado. En 1880 un encargo oficial permitiulle iniciar La porte de l’enfer, onde incorporou réplicas doutras obras que xa realizara pensando nela, como Penseur (1880), Baiser (1889) ou L’enfant prodigue (1889). Realizou os polémicos Monument à Victor Hugo (1897) e Monument à Balzac (1897) e o famoso grupo Monument aux bourgeois de Calais (1884-1886). Foi tamén un extraordinario retratista (Falguière, 1897) e da súa extensa produción destacan La fontaine (1885), onde prefigurou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. En Bruxelas, fixo o Bust de Jacques-Louis David (1826). Establecido en París (1827), levou a cabo a súa produción romántica e naturalista, malia que inspirada por un certo clasicismo, da que destacan Pêcheu napolitain jouant avec une tortue (1834), os altorrelevos do Arc de Triomphe de l’Étoile de París (1832-1835), Jeanne d’Arc (1845-1852) ou Le maréchal Ney (1852-1853, praza do Observatoire, París).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, marqués de Sade. Desde 1768, a súa vida quedou marcada polo escándalo e a prisión; e en 1794 comezou a publicación dalgunhas obras escritas en etapas de cautividade como Justine ou les malheurs de la vertu (1791), La philosophie dans le boudoir (1795) e La nouvelle Justine, suivie de l’histoire de Juliette, sa soeur (1797). Unha boa parte da súa produción non foi publicada ata o s XX como Historiettes, contes et fabliaux (1926) e Les cent vingt journées de Sodome (1931-1935), ademais de cartas e doutros escritos inéditos. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu lugar ao termo sadismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Françoise Quoirez.
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Formouse con J. Coustou e en Italia (1740-1748). En 1751 ingresou na Académie Royal de Peinture et de Sculpture. Traballou en Copenhaguen (1753-1774), onde fixo a estatua ecuestre de Federico V, na praza de Amalienburg, e dirixiu a Academia de Pintura e Escultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor carnoso semellantes ao sarcoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade inflamatoria crónica, de etioloxía indeterminada, caracterizada pola formación de proliferacións retículo-histiocitáreas (como gránulos de millo, cun granuloma epitelioide no interior) cutáneas, ganglionares, glandulares, óseas ou pulmonares.
-
PERSOEIRO
Historiador e economista francés. Estudou os salarios e as causas económicas e sociais da súa formación baseándose en rigorosas estatísticas e analizando a súa incidencia nos ciclos económicos. Publicou Le salaire, l’evolution sociale et la monnaie (1932) e Les Flutuations économiques à longue période de la crise mondiale (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político francés. Foi o xefe da á moderada do partido republicano e un constante defensor das liberdades. Foi ministro de Instrución Pública (1870 e 1871-1873) e situouse á fronte do consello de ministros (1876-1877) durante a Terceira República Francesa. Os seus enfrontamentos co presidente Mac Mahon provocaron a súa caída.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Anouk Aimée, traballou en La Dolce Vita (1959) e 8 1/2 (1962) de Fellini; Un homme et une femme (1966) de C. Lelouch; Prêt à porter (1985) de R. Altman, e De particulier à particulier (2005) de B. Cauvin, así como en diversas producións para televisión, como Napoléon (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido que forma parte da parede das bacterias Gram-positivas.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Anatole France, realizou diversas investigacións bibliográficas e ensaios críticos, como Génie latin (1913). Comezou a súa carreira como poeta parnasiano, que reflectiu en Poèmes dorés (1873). Recolleu unha mostra do seu periodismo literario en La vie littéraire (1888-1892) e plasmou os seus recordos de infancia nalgunhas novelas, como Le livre de mon ami (1885). Escribiu os cadros de costumes do s XVIII La Rôtisserie de la reine Pédauque (1893) e Les Opinions de M. Jerôme Coignard (1893), ademais das novelas Le Lys Rouge (1894) e Le jardin d’Epicure (1895), que lle abriron as portas da Académie Française (1896). A vea satírica contra a sociedade contemporánea amósase no ciclo de novelas sobre o caso Dreyfus, L’Histoire Contemporaine (1897-1901) e en diversas obras posteriores. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura membranosa e laminar do interior dos cloroplastos. A súa membrana dispón das proteínas e dos pigmentos fotosintéticos que permiten realizar a fotosíntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tiracroios.
-
CIDADES
Cidade de Flandres, no departamento do Nord, Francia, situada na fronteira belga (93.540 h [1999]). Forma parte da conurbación de Lille.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder revolucionario haitiano. Fou un escravo negro que en 1791 se uniu aos insurrectos de Buckman. Converteuse nun dos xefes da revolta e combateu os franceses (1793-1794). Comandante en xefe das forzas haitianas e gobernador xeral vitalicio semiindependente (1801), as necesidades sociais da economía azucreira de Haití fixeron fracasar o seu goberno revolucionario. En 1802 foi derrotado polo xeneral Charles Leclerc e deportado a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO